Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non hai mal...

jueves, 18 de abril de 2013
Non hai mal que por ben non veña, di o refrán. E o decurso do tempo e
das experiencias, vai dando conformidade ao que os antigos ían reafirmando.

Neste caso é difícil de asumir, pero nalgún aspecto haberá que concluir que non hai mal (Esta profunda crise que sufrimos) que por ben non veña aínda que non deamos comprobado ningunha ventaxa nesta brutal agresión.

As primeiras consecuencias desta crise son as reduccións brutais por parte das administracións e polos particulares, a revisión exhaustiva de facturas e contas, a supresión de todo tipo de gastos superfluos, o axuste duro ó que sometemos a todos os nosos gastos.

Aínda que sexa a costa de duros sufrimentos, o ben ahí está, en que comprobemos que podemos vivir sen moitas cousas que ata agora nos parecían imprescindibles, que é posible axustar custos de servicios e suprimir determinadas compras que se facían por costume.

Cando sallamos de esta crise, porque saír temos que sair, seguro que sairemos cun xeito de vivir diferente, máis crítico, más orbservador, máis aforrador... por pura necesidade, experiencia e práctica.

Alomenos algo ten de bo esta crise: Vainos ensinar a vivir mellor; a vivir con menor dependencia do exterior e de cousas superfluas das que comprobamos que podemos prescindir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES