Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A forza dunha imaxe

jueves, 18 de abril de 2013
A forza dunha imaxe Alguén dixo unha vez que unha imaxe vale máis que mil palabras, e pode ser que sexa certo pois hai que ver o que unha foto pode dicir se un a observa con certa calma. Cunha foto paralizamos o tempo, capturamos un instante e as veces poñemos o dedo na chaga. Detrás dela pode haber unha verdadeira historia de amor, de odio, de amizade, de complicidades e mesmo resultar comprometida, malia que pase moito tempo dende que foi realizada.

E isto foi o que lle aconteceu ao presidente Feijoó hai vinte anos cando o fotografaron na compaña do seu amigo Marcial Dorado, entón coñecido contrabandista alcumado como o “Padriño de Arousa”. Que lle saquen unha foto inoportuna pódelle acontecer a calquera, claro que Feijoó entón xa non era unha persoa calquera senón que ocupaba o número dous na consellería de Sanidade que presidía Romai Becaría. Era pois, un destacado membro do Partido Popular que compartía amizade cunha persoa que actuaba fora da lei. De non existir esta connotación este asunto non pasaría de ser unha anécdota, pero a presenza dun político destacado no iate dun contrabandista non me negarán que ten o seu morbo e levanta moitas suspicacias.

E se a pregunta é: que facía un político no iate dun contrabandista? tamén poderíamos preguntármonos o que facía un contrabandista na compaña dun político. Ao marxe da amizade, as respostas poderían dar moito de si, pero non foi o caso. O presidente aclarar, aclarou ben pouco e defendeuse atacando á posición nun pleno que puxo dos nervios a máis de un. Unha vez
máis semella que os políticos adoecen de memoria e esquecen facilmente o que promulgaban cando hai case nada estaban na oposición.

Imaxino que todos vostedes recordarán outra foto polémica: a que lle sacaron a Anxo Quintana no iate do empresario Jacinto Rey e que puxo en pe de guerra á oposición entón encabezada por Núñez Feijoo que pediron a dimisión do politizo do BNG porque, segundo eles, non daba boa impresión ver a un político convivindo cun empresario no iate deste. Aquela foto na popa do barco tamén resultou inoportuna. É curioso coma os iates son coma un perigoso obxecto de desexo para algúns que non se resisten a dar un paseo neles e fotografarse caia o que caia.

E logo, claro, pasa o que pasa. A Anxo Quintana dixéronlle de todo logo da publicación daquela instantánea que, segundo a oposición, viña a expor certos receos diante da cidadanía e lles faltou tempo para pedir por activa e por pasiva a súa dimisión. E quen lle ía dicir a Feijoo que pasado un tempo, íase ver en similares circunstancias; estas peores posto que aquel paseou nun iate dun empresario e este nun dun contrabandista que, aínda que o pareza, non che é o mesmo. Dúas fotos de dous paseos, pero de diferente calado. Que fácil é pedir dimisións e non aplicarse o conto cando toca.

En fin, que un político ten que asumir as súas responsabilidades e tamén o seus erros diante da xente que o vota. E un presidente de Galicia ten que responder diante de todos os galegos. Pero polo que se ve so co pedir perdón semella todo arranxado. O rei pediu perdón polo episodio da cacería de elefantes, pero a Monarquía quedou tocada. A foto de Feijoo con Marcial Dorado deixou tocado ao propio presidente, pero tamén, coma o seu máximo representante, ao goberno galego. Si.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES