Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agora Imos de Nazismo

miércoles, 17 de abril de 2013
Desde o Preguntoiro

Cada vez que algún alto cargo do PP abre a boca, abrolla a “caspa” e o ADN do seu querido partido e volve a xurdir un novo esperpento de “marca España”.

Hai uns días a Dolores Cospedal reafirmouse en que os “escraches” de afectados pola hipoteca son “puro nazismo ou fascismo”. Coido que alguén que teña un alto cargo político tiña que ter un anaco máis de cultura e saber un pouco de historia para non botar a lingua a pastar como as vacas.

Á Sra. Mariloli pódeselle dar unha lección de historia para saber o que significa o nazismo; quizais lembrándolle un pouco da historia do seu partido (partido que aínda non condenou o franquismo) poida darse conta e peche a boca non insultando á intelixencia da cidadanía con tanta trola e cinismo. Por si non cre o que vou a dicir, pode acudir ao Rexistro Xeral de Asociacións Políticas, onde aparece a ficha de AP que é a mesma que o PP, acudindo en 1977 ás primeiras eleccións democráticas con aqueles “sete magníficos”, seis exministros de Franco e un exgobernador civil. A personalidade xurídica do PP é a continuadora directa daquelas datas, defendendo o Réxime anterior e o seu mantemento, con algunhas variantes.

Acudindo ás Hemerotecas a ilustrarán de que a España de entón formou parte daquel “eje” político coa Alemaña nazi e a Italia fascista, axudou coa División Azul ás SS do xenocida Himmler, colaborou coa Gestapo para asasinar e levar a campos de concentración a exiliados españois, uníndose ideoloxicamente contra as democracias occidentais, por iso a Ditadura española foi condenada pola ONU en 1946. Iso é nazismo.

¡Coidado Sra. Mariloli!. Non emporcalle moito máis a mediocridade que impera no seu partido que lévanos por corredoiras sen saída, non mencione máis a “bicha” que da arrepío e fai estarrecer á xente de ben.

Sinto vergoña e noxo de vivir nestes momentos en España, onde seguimos cunha morea de “casposos” e de políticos esperpénticos que lévannos a ningures.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES