Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desesperación

miércoles, 17 de abril de 2013
Nas alturas seguen sen enterarse de que hai moita xente desesperada pola situación que actualmente vivimos.

Na historia económica figuraba o crack de 1929 como exemplo extremo de ata podía levarnos a economía ficticia, o xogo do bolsa, a obtención de cretos e o ascenso imparable dunha burbulla inflaccionista. E poñíase como dato especialmente crudo o dos norteamericanos arruinados que se tiraban desde o alto dos máis airosos edificios neoyorquinos por non dar entendido nin aturado a situación á que tiñan chegado.

O de agora nin é lonxano no tempo nin no espazo, e xa temos en Galicia exemplos de suicidios motivados por unha situación económica extrema que vai premendo aos máis febles, impedindo o normal vivir de moita xente que chega en casos extremos a forzalos a unha decisión final incomprensible.

É xeral o sentimento de frutración, de sesilución e desánimo. E especialmente os autónomos e pequenos empresarios sofren nas súas carnes de xeito máis duro esta situación de impasse que fai que todo se volva máis lento en canto ao comercio se refire mentras se endurecen as condicións dos organismos recaudadores – Facenda e Seguridade Social- sen que se aprecie sensibilidade en ningunha esfera do poder cara un problema social cada vez mais importante.

A desesperación pode producir calquera resultado, individual ou colectivo. E a incomprensión por parte dos gobernantes do que se está a sufrir a nivel de rúa é un dos elementos máis importantes no desánimo imperante.

Cúmprese un duro quinquenio, hai xa cinco largos anos, da existencia dunha crise que empezou sendo financeira para ser logo económica, laboral, social, e xa total, que a todos os ámbitos da sociedade afecta xa este tsunami imparable que ninguén parece poder dominar.
Non queda máis remedio que tomar conciencia dos nosos problemas e os máis fortes reforzar as súas conviccións e aguante. Para os máis febles, a desesperación pode ser fatal. E visto está que non teñen onde agarrarse. Nin a quen.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES