Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Liberdade para Jorge Bravo (bis)

martes, 16 de abril de 2013
Confiaba en non ter que escribir unha vez máis outro artigo con este título.

Tiña a esperanza de que as nosas Forzas Armadas avanzaran algo en dereitos sociais. Pero non foi así. A liberdade de expresión que contempla a Constitución non é para todos os cidadáns. Volveron encarcerar ó presidente da Asociación Unificada de Militares Españois - Jorge Bravo-nunha prisión militar por unhas declaracións feitas na radio. Por dicir que os recortes que se levan a cabo no exército, por mor da crise, deberían comezar polos excesos dos nosos xefes.

Polos múltiples ágapes dos cambios de mandos, polo uso particular de vehículos oficiais, polos banquetes de parentes e amigotes... Por mil irregularidades sufragadas polo Ministerio de Defensa que están á orde do día e que todos coñecemos.

Estamos en tempos convulsos. Aparecen noticias de membros da Casa Real que saqueron unha institución de axuda a nenos minusválidos. De tesoureiros do partido do goberno repartindo avultados sobres de diñeiro entre os seus mentres os cidadáns saltan ó baleiro ou se suicidan de mutuo acordo acuciados polos problemas económicos. De Presidente da Xunta de Galicia veraneando cun capo do narcotráfico arousán mentres as nais loitaban contra a marea branca que enganchaba e se levaba ós seus fillos.
Dun xeneral que se pasea libremente despois de xustificar un golpe de estado se o pobo catalán decide elixir o seu futuro. Dun subtenente que está preso por propoñer a supresión de actos militares superfluos.

Precisamente para denunciar esta dobre rapadoira da xustiza militar, e apoiar a Jorge Bravo, manifestarémonos o día 27 diante do Ministerio de Defensa. Estaremos alí a pesar das ruíns e mesquiñas ameazas dos nosos xefes.

Persoalmente creo que no fondo todo se reduce a que os lobis de poder, ben sexan militares ,políticos, económicos, eclesiásticos... criáronse mamando leite muxido no ano 1936. É por iso que de cando en vez saen arrotos. Como o do xeneral,querendo rememorar a gloriosa volta ás armas para que España non se rompa.

Ou como o de Feijóo, aínda que moito máis grave. Un arroto que grazas á sida e ás sobredoses se levou por diante a toda unha xeración de rapaces galegos.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES