Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Escraches e gamberros

lunes, 15 de abril de 2013
Son dous elementos da actualidade para facernos pensar, para constituirse en denuncia das derivas desta sociedade nosa que camiña malamente sen saber cara a onde.

De repente a palabra “escrache” entrou no noso vocabulario e na nosa actualidade, para referirse ás accións –relativamente pacíficas case sempre- de acoso por parte dun grupo a un determinado político, precisamente no seu domicilio ou no lugar onde se lle sabe actividade.

A priori, non parece lícito desenvolver accións deste tipo fóra dos marcos establecidos, e das normas de participación, sexan os que protestan afectados polas “preferentes”, por algún “Ere”, ou calquera outra causa de descontento.

Non é lóxico nin xusto acudir ás casas dos nosos representantes públicos, porque os cargos osténtannos eles e non os seus familiares, e o acoso ao que poden verse sometidos estes nada ten que ver cos comportamentos das persoas públicas.

Nada que ver cos gamberros que lles da por destrozar propiedas públicas ou privadas e que en Galicia se concretou en graves destrozos en casas de turismo rural onde algunhas festas alí celebradas remataron nunha destrucción total que nin se entende nin se pode tolerar.

Poden os “escraches” ser un paso adiante en relación coas protestas pacíficas orixinadas pola catastrófica situación económica, sendo hasta ahora pacífica a inmensa maioría das protestas por temas sangrantes, gravísimos.

Os dous acontecementos son un toque de atención. O primeiro deles, para pensar que podemos estar nunha nova etapa de protestas que se van agudizar no futuro. O segundo, para mentalizarnos da sistuación da mocidade, que fai – por falta de atención, educación ou perspectivas- que algúns se manifesten de xeito destructivo contra a propiedade allea.

Para pensar en todo caso. Porque cabe supoñer que os que nos gobernan, de cando en vez, se poñen a pensar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES