A quimera do tempo
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 15 de abril de 2013
A agulla dos segundos treme pero non avanza. Agora mesmo estamos nesa situación na que se pode dicir que o tempo agoniza. As pilas do reloxo están nas últimas, boquean e non deixan que o tempo avance. Manda truco!, dicir que unha simple agulla de metal é o tempo. Ou unha pequena pila.
Que é o tempo? Un reloxo que non anda? Unha canción que non para? O reloxo non anda, o tempo agoniza, pero a canción O vento a favor, de Bunbury, segue cara adiante.
Que é o tempo? Xa rematou!; a agulla dos segundos deixou de tremer. O tempo detívose, pero Bunbury segue a cantar. Se miras para o reloxo, todo acabou. Emporiso, as miñas pestanas, as miñas perfebas seguen pestanexando. O tempo é unha quimera.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora