Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Manifestacións pola pobreza cero: ¡Sen excusas!

lunes, 27 de junio de 2005
Vimos de encetar verán: Seco e caluroso. No climatolóxico, dous graos máis. A maiores dos incendios, abondan tamén os lumes dos egoísmos e división no eido económico, político e mesmo relixioso. Se ollamos ao noso arredor atopámonos cunha escandalosa situación: dous Mundos, dúas Europas, dúas Españas, dúas Galizas, dúas Igrexas. Todos e todas enfrontadas. A mesma raíz: A inxusta distribución dos bens: Riqueza/Pobreza, Norte/Sur, Desenrolo/Subdesenrolo, Esperanza/Desespero, Vida/Morte.

As distancias aumentan. Cómpre mudar estas situacións inxustas. Fai falla a denuncia. Hoxe, ás 12, celébrase en Madrid, baixo o lema "Contra a Pobreza, presiona", unha manifestación convocada por Alianza Española contra a Pobreza Mundial, asociación que agrupa a varios colectivos e está promovida por 700 organizacións mundiais. Participan as institucións eclesiais Xustiza e Paz, Cáritas, Mans Unidas e varias ONGs vinculadas a congregacións relixiosas. ¿Irán, alomenos, os bispos de Madrid?.

Forma parte da Campaña "Pobreza Cero", para esixir aos gobernos o cumplimento dos Obxectivos do Desenrolo do Milenio (ODM) aprobados na Asemblea Xeral da ONU no 2.000 e asinado por 189 xefes de Estado/Goberno. España tamén. O acordado tiña un prazo de 15 anos (2015). Os países comprometéronsea : 1) Erradicar a pobreza extrema e a fame. 2) Lograr o ensino primario universal. 3) Promover a igualdade entre os xéneros e a automomía da muller. 4) Reducir a mortalidade infantil.5) Mellorar a saúde materna. 6) Combater o VIH/SIDA), o paludismo e outras enfermidades. 7) Garantir a sostenibilidade do medio ambiente. 8) Fomentar a asociación mundial para o desenrolo.

Van cinco anos. Pouco se andou. Promesas incumplidas. Por iso cómpre recordárllelo aos xefes de Estado que se volven xuntar o 14 de setembro. Namentres hai que saír ás rúas, berrar e decirlles que non hai tempo que perder xa que 1.000 millons de persoas están en pobreza; 11 millóns de nenos morren,(cada ano) e 115 sen escolarizar. É preciso que asuman o compromiso e se impliquen con rzamentos económicos...¡xa!

Os/as galegos/as, que, a oito días das elección, non sabemos (ou sí!?) quen vai gobernar, podemos aproveitar esta situación "esperpéntica/valleinclanesca" para recordarlles aos que lles toque esa obriga que hai que pasar das promesas xenéricas e baleiras aos feitos concretos para botar fóra a insultante pobreza e desigualdade que reina nesta Terra.

Á espera dun goberno capaz de resolver os problemas de Galicia, coa chamada da Xormada de Responsabilidade no Tráfico 2005 ("conduce con cortesía na estrada e na vida"), despídome de vostedes, ata o próximo outono, se Deus quere. ¡Feliz verán!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES