Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Igrexa e a Monarquía

jueves, 11 de abril de 2013
Hai dúas institucións coas que a nosa sociedade ten unha esencial relación, que viven nestes momentos tempos especiales. Unha delas, de esperanzada ledicia – a Igrexa Católica- e outra de desastre en desastre en imparable carreira, a monarquía española.

A Igrexa é unha institución consolidada con dous mil anos de existencia, que nestes momentos vive unha efervescencia inusitada pola elección do Papa Francisco. Por ser fillo da emigración e hispanoamericano, pero especialmente porque se proclama o Papa dos humildes, un papa diferente.

A monarquía española é un especialísimo caso de consolidación tendo un punto de partida artificial, herdeira dunha dictadura, que se rehabilitou e asentou coa actuación do Rei Juan Carlos na xornada do 23 F onde peligrou todo o sistema que pretendíamos construir.

A Igrexa perviviu e perviviría sen maiores problemas pola súa traxectoria, experiencia e consolidación, pero a chegada deste Papa provocou unha ilusión inusitada en moita xente, mesmo no importante sector do clero que está de volta de moitas cousas, que rexeita a curia vaticana e sente unha tremenda alegría porque este Papa diferente trae un ventarrón de aire fresco para ventilar ámbitos do Vaticano onde non era doado que entrase a luz.

A Monarquía española foi –co Rei como estandarte- quen representou e encabezou a etapa de paz e de progreso máis longa da historia deste país, pero como todo se acaba, a evolución natural ou antinatural dos acontecementos fixo que a Casa Real fose caendo en desgracia polos traspés do Rei, as excentricidades dun xenro, as presuntas aventuras económicas ilícitas do outro, o patrimonio real, a imputación da Infanta... E cando todo facía sospeitar que se estaba preparando un tempo novo no que, do mesmo xeito que o Papa Francisco é a gran esperanza branca da Igrexa, o Príncipe de Asturias sería a gran esperanza deste reino democrático que no suroeste de Europa quere camiñar cara un futuro menos negro, pero velaquí que nos últimos días tamén o membro intocado ata agora da familia real se ve afectado pola publicación dun libro que non beneficia nada aos futuros Reis deste país. Precisamente no momento en que nos fai falla máis esperanza.

E así estamos neste case mediado abril do 2013, a un ano de que se supón que imos mellorar económica e laboralmente: Coas necesidades espirituales prácticamente cubertas, coa esperanza e a fe reverdecidas e un entusiasmo impensable. Pero coas realidades económicas e sociais profundamente danadas, onde todo se pon en cuestión e vemos problemas onde tiña que haber solucións. A Igrexa é un pilar da nosa sociedade que se evidencia máis firme. Pero a monarquía é vital, polo de agora, para seguir tendo a festa en paz. Todos –eles tamén; especialmente eles- deberíamos /deberían tomar conciencia.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania