Bromas
Editorial - viernes, 24 de junio de 2005
A denuncia da presunta desaparición dunha serpente pitón, desencadenou rumores e inquedanzas, na mesma medida, desde Ourense para o mundo.
Que a serpe tivera máis de catro metros de longo, moitos kilos de peso, e fose capaz de engulir un neno de cinco anos aínda que non tivera fame por ter comido recentemente, non contribuía precisamente a tranquilizar unha opinión pública que con pasmo se enterou de que nos arredores de Ourense, en zonas propicias a pasar desapercibida, había unha serpe xigantesca escapada ou roubada dun circo.
A denuncia por parte dos propietarios mobilizou ás forzas vivas e ás de seguridade, e Ourense foi durante uns días punto de atención de todo Galicia e máis aló, e directa preocupación de tódolos ourensáns.
E, de pronto, a serpe aparece en Ferrol, a douscentos kilómetros de distancia.
Non é que o animal teña tal capacidade de desplazamento, senón que todo se tratou dunha broma pesada, denuncia falsa interesada buscando notoriedade ou calquera outro fin espúreo.
Fai falla ser moi irresponsable para orixinar unha preocupación colectiva de tal calibre, e seguro que a Lei caerá sobre os culpables con todo o seu peso.
Porque as bromas inocentes hai que reservalas para o vinteoito de decembro, en franca decadencia por certo. E as non inocentes ou pesadas, cada quen que as garde para os seus íntimos se llas soportan, pero facelas publicamente, con tal irresponsabilidade, é un delicto e como tal debe tratarse.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora