Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Mulleres de CUCA

jueves, 11 de abril de 2013
Desde o Preguntoiro

Lembro unha cita dunha grande muller como foi Rosa Luxemburgo: “Aquellos que no se mueven, no notan que están encadenados”. Despois dunha morea de meses ao pé da fábrica de CUCA en Vilaxoán en defensa dos seus postos de traballo, quero expresar a máis sincera felicitación a todas esas mulleres polo súa coraxe, valentía das súas accións.

Coido que os que somos vilaxoaneses, temos que facer moitas reflexións en canto a esta loita desas mulleres abnegadas na defensa dos seus postos de traballo. Non soamente temos que estar lendo e escoitando nos medios todo o negativo, ollando nas TV as miserias humanas, os programas lixo e a subcultura, onde aquí, ao noso carón temos un gran problema da perda de unha fábrica emblemática que deu traballo a moitas das nosas nais e avoas e que estas mulleres de hoxe están defendendo o seu posto de traballo e indirectamente unha historia deste pobo.

Esta mulleres están a darnos unha lección de humildade, solidariedade e valentía, que moitos dos vilaxoaneses temos que aprender, representan a milleiros de mulleres deste país que xamais saen nos xornais ou Televisións polas cousas ben feitas, iso non vende.

O que si vende neses medios, son o do Alcalde festexando “privadamente” un Centenario que non tivo nin pés nin cabeza. Ata o Sr. Feijóo saíu pola porta de atrás. ¿Que estaban celebrando, o Centenario do desmantelamento da fábrica CUCA?. O que tiña que facer o Sr. Fole era estar coas mulleres en loita, antes, despois e agora defendendo ese Centenario como é a continuación da fábrica en Vilaxoán, pedir responsabilidades a quen dou as ordes de apurrar aos cans de presa para acurralar a tres mulleres para entrar os camións, estar arroupando ás mulleres neses intres e pedir explicacións a quen sexa.

Que razón tiña Rosa Luxemburgo: os que non se moven teñen as cadeas pero non as notan, non encanto, moi preto as notaran, será cando non quede ninguén que os poida liberar desas cadeas.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES