Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medallas

miércoles, 10 de abril de 2013
Hai unhas semanas, o outrora todopoderoso presidente de Caixanova, o vigués Julio Fernández Gayoso, devolveu ao concello de Vigo a medalla da cidade sinalando que xa que o concello quería retirarlla non podía tela no seu poder nin un día máis. A través dun familiar efectuou a entrega da maior distinción dunha cidade que foi máis gobernada por Gayoso que por moitos dos seus rexedores.

Hai uns días, na Coruña, o concello recibiu de mans dun fillo de José Luis Méndez, e diante dun notario, a Medalla da cidade, concedida – como no caso vigués- en momento de euforia económica, de entusiasmo colectivo pola función das caixas, precisamente aos máximos titulares duns organismos que non resistiron o paso deste ciclón multianual que por identificalo chamamos “crise”. A Méndez tamén se lle retirou a medalla de ouro da provincia de Lugo.

Despois de tantos anos de loubanzas da prensa e dos políticos, de todos os sectores da actividades e de cantos recibían ou agardaban recibir prebendas das poderosas institucións financeiras, chegaron os malos tempos e a devolución das medallas non é máis que unha última escenificación, un xesto simbólico, de pequenez oficial, de miseria institucional, lixeiros edís en encumbrar a un poderoso, lixeiros de cortar leña de árbore caída en desgracia aínda que esa estrepitosa caída estivese acolchada contra calquera tipo de golpes por moitos millóns de euros.

Estou seguro que ningunha cifra de euros compensa a Gayoso e Méndez nesta hora sombría. Aínda que as penas con pan, xa se sabe, son moito menos penas do mesmo xeito que os barcos sen honra abrigan moito máis ca a honra sen barcos.

Cando a un lle poñan unha medalla ten todo o dereito a sentirse feliz. Pero o lóxico é pensar en como se pode sentir se nalgún momento lla quitan.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES