Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vai saír un paxariño

miércoles, 10 de abril de 2013
Hai moito tempo, para que nos estiveramos quietos, dicíannos -apuntando coa cámara- que ía saír un paxariño. A Feijóo non o avisaron.

O presidente Feijóo debe repelarse, ou sexa tirarse dos pelos desde hai máis dunha ducia de anos, por ter sido amigo de persoa que logo resultou inconvinte, primeiro por ser contrabandista de tabaco e logo resultar involucrado en temas de droga.

Non parece lóxico que calquera desliz aparentemente mínimo, da mocidade ou da madurez penda coma un péndulo mortal sobre a cabeza de quen ouse dedicarse á política e flaco favor lle fan á profesión periodística os que fan política –ou presión sobre os políticos- con documentos que son historia e poden ser utilizados en calquera momento que perxudique ao político e, polo tanto, beneficie a persoa ou persoas coñecidas ou descoñecidas que utilizan armas contra as que é difícil defenderse, porque sempre pode quedar o beneficio da dúbida.

Se a Feijóo o perxudicasen gravemente estas fotos, quedaría demostrado que poden máis as presións e as artimañas que unha traxectoria profesional e política, o resultado dunhas eleccións, e o traballo de goberno á fronte da Xunta de Galicia. Se estas fotos o perxudicasen deberíamos reconsiderar as columnas que suponemos sosteñen o entramado social que nos sostén e que sostemos.

Se a Feijóo o perxudican gravemente estas fotos, terán que botarse a temblar os que figuren en orlas de colexios, institutos ou universidades onde figuren ovellas negras, que sempre hai algunha, e resultan ser dos máis dinámicos e visibles.

Se este sistema perxudica gravemente a Feijóo, bótense a temblar os que se arrimaban entusiastas a Dorribo nos momentos estelares da súa fulgurante carreira empresarial, fosen políticos ou non, que sempre había alguén destacado á súa beira.

No momento en que a Conselleira de Familia proclama que Galicia está en perigo de desaparición futura porque non nacen nenos abondos para garantir a nosa continuidade como pobo. No momento en que as cifras do paro son clamorosas, que pechan negocios e se precipitan empresas, e nos embarga unha sensación de agobio insoportable, os medios informativos pola presión da política vémonos na obriga de declarar como primeira noticia de Galicia unhas fotos obtidas o século pasado a un mozo que prometía e xa escalaba postos na consellería de Sanidade.

E a un ocórreselle matinar por qué, precisamente agora, se coñecen esas fotos, a quen perxudican e a quen benefician, a quen se lle pretenden dar bofetadas na cara de Feijóo... demasiadas preguntas para unhas fotos que poden valer máis que mil palabras. Pero a min xa me gustaría que alguén se explicase a fondo sobre o tema. Ou sexa: que de verdade saíse o paxariño.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES