
O tema de hoxe titúlase:
¿PRI-MA-VE-RI-ZÁ-MO-NOS?
Pertenzo ó grupo daquelas persoas que pensan que a nai naturaza é a GRAN MESTRA.
A GRAN MESTRA móstranos infinidade de imaxes que nos convidan a PRI-MA-VE-RI-ZÁR-MO-NOS.
Non
Non busque esta palabra no diccionario porque me parece que non ven.
Acabo de inventala eu.
Confío que entenderá por ser vostede unha persoa moi sabia.
Foi a mensaxe que me deu a fotografía que lle envío.
Observe o CANOTO-PAI-NAI, deste repolo:
1.- Xa non é novo.
2.- Tivo cinco fillos e morreulle un.
¿Sería un accidente de tráfico?
¿Cortaríalle a vida a droga?
¿Ou sería un cancro..?
¿Raptaríanllo?
3.- Esa ausencia fíxolle unha brecha no seu corazónciño e a cicatriz recordarallo mentres viva porque foi un desgarro brutal.
¡Perder un fillo!
¡Quen llo diría!
4.- Viñéronlle ideas de morrer a canda aquel filliño, pero aínda tiña outros ... ¡Como ían morrer o PAI e maila NAI ó mesmo tempo! Eso sería moito peor...
5.- O PAI-NAI CANOTO non podía morrer. Tiña que sacar forzas de onde fora para tirar adiante cos catro fillos restantes.
E sacounas. Aí os ten.
6.- E os outros fillos tamén esperan familia numerosa que están agora floridos e fermosos; en plena efervescencia xuvenil.
7.- E o CANOTO-PAI-NAI segue en pé. Séntese orgulloso dos seus fillos e aínda máis pola próxima chegada dos netiños ...
Aliméntaos, sostenos, dálles forza, consólaos...
É ben certo que xa vai algo cansado polos achaques da vida, pero sabe que o necesitan e mantense ó pé do cañón.
Quere morrer coas botas postas
8.- E xa ve vostede, na recta final da súa vida está sostentando toda a súa familia contra o vento, contra as xeadas, contra a choiva, contra a neve...
Nunha palabra: contra as inclemencias da vida...
Dilles:
-¡Sede valentes!
- ¡Ánimo!
¡Adiante!
E ningún fillo fai nada sen consultarllo; porque:
O CANOTO-PAI-NAI, é o tronco, é a raíz familiar, é o núcleo, é a base, é a orixe, É A VOZ DA EXPERIENCIA...
9.- O CANOTO-PAI-NAI, -cando se ve achicado- reármase de valor e bo humor, sen queixarse, e coordina a harmonía do resto da familia, e mantenos a todos unidos. Como os pitiños coa galiña.
E a verdade é que todos se ven louzáns, felices e orgullosos do seu CANOTO-PAI-NAI.
Incluso máis que os repolos veciños que non teñen nin tantos fillos, nin tantas cargas familiares.
10.- Os fillos están a punto de producir novas sementes que darán orixe os netiños e ó CANOTO-AVÓ-AVOA.
Cando ese momento chegue, o canoto-avó-avoa dirá:
-MISIÓN CUMPRIDA.
- Eu voume a descansar na paz.
-Agora tócavos a vós continuar coa saga familiar.
-¡Animo!
-¡Deixade moi alto o pavillón da nosa familia como fixeron os nosos antepasados..!
....................
Se quere que lle diga a verdade, a MESTRA NATUREZA a través do CANOTO dun simple repolo, deume MOI BOS EXEMPLOS:
-A importancia dos valores familiares: cooperación, unión...
-A forza dos lazos biológicos: levan o mesmo sangue.
-A satisfacción de pertencer a unha boa familia.
-A seguir adiante cando algún ser querido se vai.
-A comprender que cada membro da familia ten o seu lugar.
-A aproveitar a pólvora dos últimos cartuchos.
-A conseva-la serenidade antes os avatares da vida.
-A non perde-la ilusión co paso dos anos.
-Ensinoume a ALEGRÍA DE VIVIR EN IDADE AVANZADA.
-E a PRI-MA-VE-RI-ZAR-ME
¿A VOSTEDE DÍXOLLE ALGO?
...................................
Quédolle moi agradecida por terme na súa consideración nesta ocasión e se o considera oportuno pode atoparme aqui o vindeiro xoves.
E se non, moitas grazas de todas formas.
¡Aburiño! ¡Ata a próxima!