Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por un puñado de votos

jueves, 23 de junio de 2005
Está toda Galicia que se a cortan non sangra.

É un dicir, pero o certo é que en ningunha elección anterior se produciu unha sensación tal na cidadanía; como se de repente os galegos nos interesásemos moito máis pola política, deixando nun segundo lugar calquera outros temas. Ata, por exemplo, o maltrato do Ministerio de Fomento a este pequeno país relegando a Galicia ó penúltimo lugar das autonomías hispanas en canto ó investimento do pasado ano.

O habitual é que unha elección desperte interese no momento da súa convocatoria, este interese vaia véndose acrecentado segundo avanza a campaña electoral e o tema remate o mesmo día das eleccións, onde ata se ten -tiña- perdido o interese do escrutinio xa que as enquisas a pé de urna desvelaban todo posible misterio sobre o resultado.

Nesta ocasión, as enquisas a pé de urna fallaron estrepitosamente. Nen siquiera o escrutinio solucionou o problema, e o enigma segue case unha semana despois agardando polos votos da diáspora -pais de emigrantes sempre; país de inmigrantes agora- que poden dar a volta ó provisional resultado.

As primeiras eleccions gañadas por George Bush fórono por uns centos de votos nun cómputo total de millóns. As quintas eleccións da "era Fraga" están pendentes duns cantos miles que poden ou non trastocar o resultado provisional, cambiando a cara triunfadora da moeda electoral.

Galicia ten a alma nun puño "por un puñado de votos". Del depende o quinto período de goberno conservador por maioría absoluta ou o chamado "Goberno de progreso" entre dúas forzas que -sumadas- terían esa absoluta maioría sen a que ó parecer non damos sido gobernados.

En máis ou menos cen horas coñeceremos o resultado. E logo, a quen Deus lla dea que San Pedro lla bendiga. Amén.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES