Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falar do tempo

miércoles, 22 de junio de 2005
Do mesmo xeito que os xogadores están pendientes dos sorteos da Lotería, os investidores das cotizacións de bolsa, os galegos estamos cada día máis atentos ós prognósticos do tempo.

Aquí precisamente, onde os tópicos queren que sempre chova e por eso temos un país verde, levamos tempo en que parecen trastocadas as realidades climáticas e mentras en Canarias e na Costa do Sol fai mal tempo en Galicia reina un sol radiante; como se os papeis estivesen cambiados, e puidesemos pensar en participar tamén nos programas turísticos de sol e praia.

Os máis agoreiros empezan a pensar se os cambios climáticos van a maior velocidade do que se informa e pensa, e Galicia está rexistrando un incremento de sol e temperaturas en detrimento da nosa tradición de país húmido no que a auga era -alomenos ata agora- un ben inagotable e gratuito.

Os técnicos afirman que non se agardan choivas importantes ata o próximo outubro, co que teremos -toda España- un verán seco, que non fará máis ca mermar as escasas reservas, que se sitúan no 55% das reservas medias dos últimos anos.

Na España seca están a preocuparse porque falta auga e os embalses están baleiros, Na España húmida, da que ata agora formamos parte de pleno dereito, ninguén parece preocuparse por un problema que está chegando, e compre estudiar e tratar de solucionar antes de que se plantee con toda crudeza.

Falar do tempo foi ata agora un socorrido remedio para entablar conversación, ou solución para cando non existen outros temas. Pero o tempo (a auga), ten que pasar a ser tema obrigado para calquera que teña preocupación social e, moi axiña, para preocupar a todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES