Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A trompeta de Byrd

lunes, 08 de abril de 2013
A trompeta de Donald Byrd deixa escapar o seu fermoso son pola fiestra na que se reflicten os raios de sol que hai un cacho saíron pola serra de San Mamede. Poucos raios porque as nubes, aínda que pasan lentamente, axiña cobren ao patrón desta galaxia.

A trompeta de Byrd cae na conta da escuridade do día e o seu son vólvese máis triste, máis melancólico no tema “I Got It Bad And That Ain´t Good”, algo así como “E iso non é bo”.

Iso non é bo, que o sol acoche neste día de verán e que a trompeta de Byrd teña cada vez un son máis queixoso. Non obstante, o tema musical, quizais pola propia tristura, é cada vez máis fermoso e máis melancólico e máis sentimental.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania