Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Onde se vive mellor

viernes, 05 de abril de 2013
Circula polos mentideiros da información un estudo do Bundesbank sobre a calidade de vida en España comparándoa co resto de Europa, especialmente en Alemania, saíndo os españois moi confortados nesa comparación especialmente se se ten en conta a propiedade privada existente neste país.

Fáganse os estudos como se queira, o resultado case sempre ven resultar da maneira que o promotor do mesmo agarda, e a saber cales son os propósitos do poderoso Bundesbank para concluir que en España non estamos tan mal.

Certo que viaxando por Europa adiante podemos comprobar que o noso xeito de vivir é moito menos cuadriculado ca o doutros paises, que os nosos horarios son moito máis flexibles, a gastronomía máis variada e leda e as nosas noites máis longas e concurridas que en calquera país do norte de Europa.

Ese pode ser un índice de nivel de boa vida exportable e mesmo de cara ao interior, pero tampouco vai supoñer que as comparacións coa vida doutros países vaia mellorar a nosa disconformidade coa situación actual, o estado das pequenas empresas e as cifras do paro, a cerrazón dos bancos e a aparente inacción do goberno na creación de emprego e dinamización da actividade económica. Todo eso segue igual agora que hai un mes, e peor que hai un ano.

Non se vive mal nesta terra se nos atemos ás condicións xerais marcadas polo clima, a historia, os costumes, a gastronomía e o sentidiño común que posuímos. Só nos falta que mellore todo o demais, todo o que está en crise, todo o que non podemos controlar; todo o que parece que ninguén controla nin ten interese en controlar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania