Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tranquilidade

martes, 21 de junio de 2005
Temos sempre a tentación de pensar -como o clásico- que calquera tempo pasado foi mellor, pero non é verdade. Quizáis foi máis tranquilo, pero nunca mellor.

Tranquilo, sí, porque estamos afeitos a que nestes tempos -finais do mes de xuño- a seca informativa fixese das súas e comezasen a aparecer as chamadas "serpentes do verán, a falla de outras novas coas que encher páxinas, ondas e pantallas.

Pero a seca de hoxe é so a relativa ás choivas, e en canto a serpente ahí está esa pitón escapada dun circo en Ourense, de máis de catro metros de longa, que pode chegar a devorar un neno pequeno cando ten fame, e que ninguén sabe onde pode chegar.

A situación actual, inmediatamente previa ó comezo do verán, é certamente atípica.

A escala europea, pola suba do petróleo, polos desacordos económicos entre os países, polo parón da ratificación da Constitución europea.

En España, o conflicto das vodas gais, manifestacións, comparecencias, xuizos e -en fin- alteracións varias que exasperan unha situación tantos anos, case séculos, adormecida, que de repente quere recuperar o tempo perdido e pasar da trastenda ó proscenio.

En Galicia, tensa espera pola decisión dos emigrantes pontevedreses que xa votaron máis aló do mar con resultado que non coñeceremos ata o próximo luns. Despois, mel para algúns, pranto para outros.

En tanto, suben as temperaturas -reais, políticas e sociais- co conseguinte perigo de incendios reais, sociais ou políticos.

Aspiramos xa á tranquilidade do verán, hoxe que oficialmente o verán comeza. Pero moito nos tememos que para o repouso público e privado aínda haxa que esperar, como mínimo, ata comezos de agosto.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania