Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Precedente histórico

Fernández, Suso - viernes, 05 de abril de 2013
Decíamos en anterior comentario que hai 70 anos, por estas datas, zarpaban do porto as primeiras embarcacións da historia do mar focego que se desprazaban a leste á captura do bocarte, e cómo a solidaridade e xenerosidade das xentes mariñeiras, en tempos miserentos, fixeron agromar uns valores humanos excepcionais, e contamos cal foi a actitude de amparo e protección por parte dos laredanos cos pescadores focegos, que deixaron a pegada na sociedade de ambas pobos.

Pero no relato esquecimos o precedente histórico a tan exemplar proceder: polos anos 20 do pasado século vivía en Foz don Luis Gutiérrez, fillo de Laredo, que aquí rexentaba unha conserveira. Por aqueles tempos a sardiña abundaba sobremaneira no noso litoral e don Luis animou a armadores do seu pobo a que se desplazaran aquí porque seguro que ían pescar satisfactoriamente. Así o fixeron algunhas lanchas, pero as capturas eran de tales proporcións que o peixe devaluouse ó punto que apenas se cotizaba e os foráneos non gañaban o mínimo para subsistir.

Foi entón cando os focegos os acolleron nas súas casas e nelas atoparon humilde acubillo, compartindo a pobreza dos nativos mentres non abandonaron Foz. Son as grandes leccións da historia…

Xesús Aramendi era un prestixioso armador de Santander; o “Nembrudo”,. amigo seu, animouno a desprazar algunha das súas unidades a pescar ó chicharrón, e así o fixo coas lanchas “Santa María”, “Aituna” e “Mendi”.

Trala experiencia, Aramendi convence a Eliseo para que se desprace a leste, ó bocarte. Era finais dos 40 e cara alá parten o “Delio” e a “Remigia”: a primeira tripulada por: Antonio e Eliseo de Quintanero; Valadouro, Balbino de Andrés, Chingla, Mancha, Didín, Manolo da Cacarela, Salvador Incera, Pepe do Fesguello, Suso Castiñeira e Pepe do Barbeiro e a 2ª, propiedade de “Pelotas”, con Pachocho (patrón), Alberto da Capitana, Manolo de López, Normando, Tisia, Paco de Eulalia, Barrigán, O Mereto, Pelolelo e Cora, os pioneiros.

Os de Laredo tiveron ocasión de corresponder cos focegos; e a fe que o fixerono moi xenerosamente.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES