Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quérote ver, polo meu ben

jueves, 04 de abril de 2013
Hai quen di que: “o médico: nin velo”.
¿Que quere decir eso?
¿Se non o ve xa non ten enfermidades?

É certo que cando vostede vai ó médico sempre lle encontra algo, pero ese algo xa estaba aí.
Non foi o médico o causante de que lle aparecera.
¿Ou si?

Eu non teño ningún inconvinte en visitalo de vez en cando aínda que tamén teño que confesar que máis dunha vez me ten dado algún susto.
Pero para min o médico é un gran amigo:
-Que coñece o meu interior, mellor que eu mesma.
-Que sabe mellor que ninguén, como funcionan cada un dos meus órganos.
-Que me axuda a coidalos na medida das súas posibilidades.
-Que está ó meu lado cada vez que o necesito.
-Que se alegra cando me ve ben.
-Que sofre cando me encontra algún problema.
-E un sin fin de cousiñas máis.

É certo que unhas veces acerta e outras non, pero ...

¿Coñece vostede a alguén que acertara sempre no seu modo de proceder?

¿Acertan sempre os pais de família na educación dos seus propios fillos que son carne da súa carne e óso dos seus ósos?

É certo que hai médicos con moi bo carácter e outros non tanto, pero...
¿Quen non ten días grises?

Eu non estou sempre de bo humor…

¿Vostede, si?

¿Qué sabemos da historia persoal do médico?
Detrás de cada persoa hai unha equipaxe que ninguén coñece máis que ela mesma.

O médico é un ser humano con tantas debilidades como cada fillo de veciño. El tamén necesita comprensión.
Do mesmo xeito que el comprende as nosas doenzas, tamén nós debemos comprender as súas limitacións.
Somo dúas caras dunha mesma moeda: a saúde.

Eu estoulle sumamente agradecida porque grazas a el superei moitos baches de saúde física e emocional.
É un profesional que:
-Me acompaña ó longo da vida.
-Que me axuda a levar o mellor posible os meus achaques.
-E tamén confío que me axudará no derradeiro momento a pasar a vivir noutra dimensión onde a enfermidade non existe.

EU QUÉROTE VER, POLO MEU BEN.

Quero que me digas cousas tan importantes como:
-Se os meus ollos ven como corresponde á miña idade.
-Se o meu corazón bombea correctamente.
-Se os meus pulmóns teñen algún atasco.
-Se as miñas arterias levan o sangue a cada unha das miñas células.
-Se o meu aparello dixestivo fai ben a dixestión.
-Se o ril elimina os “desperdicios”
-Se os meus ósos teñen o calcio que necesito.
-Se o meu oído me permite oír se ven un coche cando vou atravesar unha rúa.
-Se no meu sangue circula o cálcio, o fósforo, o colesterol, os triglicéridos, a albumina. o suero ALT (GPT) e o AST (GOT), a tirotropina, a tiroxina libre, as vitaminas, etc, etc.

Grazas a ti, podo saber todo eso, e por esa razón:

“QUERO VERTE, POLO MEU BEN”

Se vostede que está lendo estas reflexións que eu fago a través destas liñas de Galícia Dixital, é unha persoa chea de vitalidade con excelente saúde:
¡Noraboa!
Consedérese unha persoa moi afortunada e siga así por moitos anos.

Eu seguirei vistando ó médico.
Vostede faga o que considere...

¿Que lle vou dicir eu que vostede non saiba?
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES