Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Idiomas

jueves, 04 de abril de 2013
Que un idioma é un vínculo de unión entre xente está fóra de toda dúbida. E polo tanto, agora e sempre, é un instrumento imprescindible para a relación social e económica por riba desas fronteiras que hoxe poden non existir na política pero aínda continúan en canto a idioma, costumes e razas.

O estudio do francés foi obrigatorio nos plans de estudo dos anos corenta e cincuenta, sendo asignatura do bacharelato siquiera dun xeito básico para conseguir os coñecementos precisos para relacionarnos cos veciños do norte.

Logo, todo cambiou, e xa non era o francés senón o inglés. Deixamos de lado o francés, e entramos no inglés como un idioma necesario, imprescindible, para poder saír ao mundo, por ser o idioma do Reino Unido, pero sobre todo porque a todopoderosa Usa – co seu inmenso aparato político, económico e social que nos ten invadidos – impón a súa Lei, tamén lingüística.

Agora xa necesitamos algo máis: Uns van polo alemán, por se hai que ir traballar a ese extranxeiro que pertence á Unión Europea. Outros, polo chino, como idioma dunha potencia imparable que se supón vai patronear o mundo do futuro.

O galego quédanos para andar pola casa, que afortunadamente vai resistindo, como sempre o fixo, comoo lingua nosa, respectada pero arredada.

E do que ninguén falou nunca foi do portugués, o dos veciños de a pé da casa, cos que máis directamente podemos falar. Certo que con eles podemos entendernos no galego que ven ser idioma común. Pero a razón de non entrar no idioma non é porque nos sexa doado chapurrealo sen estudialo. Non entramos no portugués porque coidamos que deles non podemos recibir nada. E estamos moi equivocados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania