A Conselleira pide nenos
Editorial - miércoles, 03 de abril de 2013
En Galicia non nace nenos abondos para manternos vivos como país. Esto é unha verdade aceptada por todos e unha tremenda ameaza para o noso futuro como pobo.
A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ven de criticar aos galegos porque as familias mesmo as ben situadas económicamente- non queren ter máis de dous fillos. E á Conselleira parécelle moi mal este plantexamento cando vivimos nunha terra que ten unha tasa de natalidade das máis baixas do mundo.
O que ocorre é que a tendencia das últimas décadas de controlar a evolución familiar vese agudizada últimamente polas condicións económicas e sociais do país, de España e de Europa, que non animan precisamente a alegrías que deben manterse ao longo dos anos, durante toda a vida.
A Conselleira pide nenos, pero as institucións non apoian quizais non poden- a familias numerosas para que poidan vivir cunhas condicións mínimas similares ás que elixen non aumentar os membros da unidade familiar. E pedir nenos é doado, e todos sabemos que nos fan falla máis nenos para o futuro, pero o problema está de xeito especial no presente.
Coa que está caendo tamén nesto inflúe a ditosa crise- fai falla ser moi valente, ou moi inconsciente, para aumentar a unidade familiar confiando simplemente, a falta de argumentos tanxibles, na Divina Providencia.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora