Apupar (Escrache)
Cardalda, Theo - miércoles, 03 de abril de 2013
Desde o Preguntoiro
Nestes intres segundo as estatísticas, en España hai tres millóns de persoas na máis extrema pobreza; seis millóns de parados e centos de milleiros que non reciben ningún ingreso para a súa supervivencia. Non encanto, os executivos do IBEX repártense 135 millóns de euros, a corrupción aflora en casos de xente da clase política e poderosa que roubaron do carto público. Unha banca irresponsable recibindo miles de millóns de euros dos impostos dos cidadáns, onde o goberno actúa con toda a crueldade contra todo aquel que proteste.
Non se pode ser tan vil, rastreiro, furricallo e con miolos apodrecidos, para cualificar aos da Plataforma de Afectados pola Hipoteca e aos das Preferentes, concretamente polo apupar (escrache), de persoas preto ao entorno de ETA . Este goberno está chegando a tódolos despropósitos, eles son os responsables do que lles está pasando intentado ante a opinión pública (coa axuda dos mercenarios dos medios) ser vítimas, sendo os causantes do apupar que lles están a facer.
Este goberno está facendo apupar a esta democracia, fixéronos apupar nas prazas, nas rúas, centos e centos aos cidadáns con violencia policial a golpes de porra, pelotas de goma, patadas e detencións indiscriminadas, recortes, insultos desde o Parlamento berrando que nos jodamos, insultos á intelixencia e decretos leis. Permiten o apupar aos cidadáns dunha banca apodrecida e miserable impoñendo unha lei inxusta, xa o dixo Bruxelas da inxustiza desta lei. Ou sexa , este goberno leva facendo apupar un día tras outro e con decretos leis cada venres de pasión. De tanta indignación, non tardou en chegar esa organización de protestas nos despachos e domicilios de algúns políticos que consideran responsables da política económica que nos leva a un pozo sen fondo.
Agora saen criminalizando o apupar, facendo unha cortiña de fume para desviar a corrupción que leva dentro do seu bandullo o partido de goberno. Non teñen ningún interese en atopar a solución ao orixe destas protestas, seguen dándolle largas á realidade, seguen chamándonos criminais en vez de cidadáns. Seguen aumentado a pobreza, desigualdade e o paro. Seguen deixando que á xente os estafen a voten á rúa e os verdadeiros ladróns andan soltos, ata inclusive o Bárcenas pode escoller xuíz.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora