Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Exposición de Ben-Cho-Sei en Lugo

martes, 02 de abril de 2013
Exposicin de Ben-Cho-Sei en Lugo Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Sei) é homenaxeado en Lugo, no Museo Provincial, cunha exposición na que se expoñen as diversas confluencias e itinerancias que o gran home e intelectual do galeguismo republicano legou ao pobo galego unha enorme mostra de amor a Galiza e un próceres da divulgación do noso idioma e das esencias mais vivas e particulares da nosa nación.

Ben-Cho-Sei é referencia e guía de tantas esencias desa Galiza viva a que escolleu unha serie de camiños certos que todos eles nos levan a ese centro dinámico e rigoroso da nosa cultura. El foi o grande mestre e pioneiro de tantos concertos que a facistada, provocadora da Guerra Civil, desmontou e perseguiu. Mais o xenocidio franquista non puido destruír a memoria. O testemuño dos grandes homes como Ben-Cho-Sei permanece na dimensión natural do seu labor como galeguista e republicano, na descuberta de ser libres e soberanos, emancipados e donos de si.

Nesta exposición móstrasenos o eficiente labor dun mestre rural e inspector de ensino no distrito de Chantada e en Lugo, onde investigou, descifrou e recuperou tantos elementos identitarios que se viñeron destruíndo por políticas foráneas co fin de asimilarnos culturalmente e destruíndo as nosas raíces. E nese silencio eficaz de facer prevalecer o noso, Ben-Cho-Sei e os demais galeguistas realizaron un traballo meticuloso de descuberta que os agravios contra as nosas diversas expresións ficaron desactivados.

Esta exposición esclarece a un enorme humanista, pedagogo e constructor dunha patria en desfeita. Unha exposición que nos ben da mao de Xoán Ramiro Cuba, que soubo sintonizar coa idea e cos recursos que Ben-Cho-Sei nos deixou e nos que podemos ollar esa enorme obra silenciada durante a etapa franquista e que agora reconstrúese a memoria silenciada, con tantos documentos e referencias que no Museo Provincial se expoñen neses módulos que converten a esta exposición en vangardista.

Aquí é onde Xoán Ramiro Cuba nos ensina como se conforma unha exposición sen grandes gastos e sen enormes pompas, onde o sinxelo supera o superficial e manifesta a grandeza visual do que nos resulta pedagóxico. Neste caso, Vicepresidencia e Cultura da Deputación Provincial de Lugo apostou en firme por reconstruír unha etapa histórica e tráxica da Guerra Civil e do franquismo tendo como elemento central a este galeguista ourensán que desenvolveu as súas tarefas de ensino en Lugo, mesmo onde o colleu o golpe de Estado de 1936.

Ben-Cho-Sei constata varios feitos do pronunciamento militar en Lugo e menciona a varios persoeiros civís confabulados co golpe militar. Todos eses aconteceres ocultos veñen a ser sorpresa no seu diario manuscrito, presente nesta exposición, e que en breve vai ser editado polo departamento de Publicacións e Cultura da Deputación. Un libro –quizais dos poucos- que se teñen escrito nas catacumbas e que despois de setenta e sete anos vén a ser elocuente na dimensión das persecucións e asasinatos que se realizaron en Lugo nesas datas.

Nesta Exposición tamén temos diversas adherencias da etapa galeguista da II República, elementos escritos e gráficos, nomes dos afiliados ao Partido Galeguista na provincia de Lugo e apartados sorprendentes como o dedicado a Leonardo Fernández Souto, natural de S. Pedro de Líncora (Chantada), un adolescente que foi o secretario de organización do Partido Galeguista de Chantada e que escondeu no faiado da súa casa varios documentos do seu partido que agora se expoñen no Museo de Lugo.

Leonardo Fernández Souto estivo moi vencellado a Ben-Cho-Sei, Anxel Fole, Ramón Piñeiro e ao propio Castelao que foi a Chantada co gallo do plebiscito autonómico de 1936 e que o propio Fernández Souto o presentou.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES