Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Papa, ilusión

lunes, 01 de abril de 2013
Menos mal que hai algo que ilusiona a un sector da xente nosa, aínda que se refira ao noso goberno espiritual, que se en principio nada ten que ver co temporal en definitiva si resulta que están tan interrelacionados como o están as dúas partes esenciais dunha persoa: materia e espíritu.

Cando parecía que en materia de Igrexa todo estaba asentado entre os católicos, que estaba asumido que os últimos papas viñeran reaxustar as cousas despois da revolución do Vaticano II. Que despois da renuncia de Benedicto XVI, por razóns de desgaste físico ou por non dar gobernado unha Igrexa convulsa como sería o seu desexo, chega o Papa Francisco e parece como se fose o candidato de consenso non só dos seus especiais electores senón da Cristiandade, que agarda deste novo Pontífice paz e goberno na Igrexa, e influencia decisiva no mundo actual.

É moito agardar dun só home aínda que estea investido de toda a representatividade e de toda a autoridade que lle confire o papel que ostenta, e aínda que sexa o primeiro en contar coa asesoría do seu antecesor no cargo. E aínda que estea dotado dunha humanidade sen límites, unha sinxeleza demostrada, e faga apoloxía da humildade en todo o seu comportamento.

Se algo despertou este Papa coa súa elección e primeiros xestos foi ilusión, da que tan necesitados estamos todos. Ilusion contaxiosa, que parece ir prendendo entre os cristiáns que ven no novo Pontífice sinais de futuro, de por onde pode e debe ir a Igrexa, dando o exemplo que o mundo precisa para cambiar de cara á sinxeleza, á igualdade, á atención ao que sofre e ao que non ten.

O gran problema do mundo, alomenos do mundo occidental no que estamos inmersos, é de ilusión polo futuro. O Papa Francisco, nestes seus primeiros días, ten ilusionada á Cristiandade. Agardemos que os que nos gobernan saiban ver por onde teñen que camiñar as cousas para que a ilusión se xeneralice a todos os sectores da nosa vida.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania