Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A nena e o grilo nun barquiño

miércoles, 03 de abril de 2013
Magín Blanco vólvenos sorprender cunha nova aventura da nena e o grilo, editada no pasado mes de Febreiro con ilustracións a cor de Leandro Lamas. Agora, a nena e o grilo deciden facerse viaxeiros do mar e coñecer novas paisaxes, culturas e xeitos de vida.

Desta volta, Magín constrúe unha historia estruturada en 13 capítulos divididos en 4 partes:
· O conto.
· Un debuxo.
· Unha actividade.
· Unha canción.

O primeiro que me gustaría destacar é que se trata dun libro interactivo, que deixa un espazo para que o neno poida recrear a historia; deste xeito pode haber tantas aventuras da nena e o grilo como nenas e nenos se embarquen con eles.

A nena e o grilo van coñecer lugares de soño que engaiolan a calquera lector que se abra a este paraíso de fantasía sen límites nin fronteiras.

Nesta viaxe podemos interaccionar coas personaxes dos contos, pero tamén unirnos en simbiose coa natureza para gozar da súa maxia e ser parte dos seus sons. Por suposto, os animais falan!, e guían á humanidade dunha nena que aprende a vivir na ledicia da diversidade.

Magín Blanco consegue sorprendernos en cada capítulo, tanto na narrativa como na poesía, e por suposto na música!, que reflicte un vasto coñecemento do autor, xunto cunhas referencias culturais e musicais moi claras.

O valor pedagóxico do libro é tan sinxelo como extenso. Deste xeito, ademais da amizade, da diversidade e da igualdade, o libro transmite outras ensinanzas máis prácticas como o funcionamento dunha biblioteca. Estas aprendizaxes combínanse, cunha naturalidade abraiante, con conceptos que son difíciles de transmitirlle a un neno; como o de utopía, o de igualdade ou o da necesidade de amar e ser amado. E todo isto dende a fantasía máis fonda que agroma dos paraísos da infancia.

Un libro impregnado de aprendizaxes, interactivo e multisensorial; que nos convida de novo a reflexionar sobre os valores, deixando voar a imaxinación cara mundos gobernados pola ledicia, a solidariedade, o amor e a convivencia na diversidade.

Calquera pode subir a este barquiño sempre e cando estea disposto a ser ordenado polos soños:
Soñar...soñar...soñar...
Qué lindo é soñar!
(Magín Blanco)

BLANCO, M. (2013): A nena e o grilo nun barquiño. Fol Música. Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania