Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nenos e comida

viernes, 29 de marzo de 2013
Hoxe quero falar de nenos e de comida, de comida e de colexios,de colexios e de recortes, de recortes e de crise. E falo de nenos, comida, colexios, recortes e crise, sabendo que sumo conceptos heteroxéneos, que non deben sumarse, que non deben relacionarse, que non poden ter relación entre si.

O primeiro que cabe plantearse é o por qué os nenos comen nos comedores dos colexios, que encontro que se debe a moi diversas e poderosas razóns. Unha delas, pode ser precisamente para que se acostumen a facelo en conxunto, cos seus compañeiros de colexio, para habituarse a unha dieta equilibrada, para comer de todo, para habituarse a unha disciplina necesaria en moitos casos só aplicable de forma colectiva no centro educativo onde os nenos adeprenden a ser maiores ademais de recibir toda a información que os seus cerebros precian para esa paulatina asunción de roles e responsabilidades.

Tamén poden comer nos comedores porque dese xeito os seus pais poden afrontar as responsabilidades dun posto de traballo, que lles impediría dalgún xeito a atención aos nenos en horas problemáticas do mediodia. E comen no colexio moitos porque o transporte escolar lles obriga a uns determinados horarios. E outros non comen porque non teñen comedor escolar. E outros non comen porque o importe que teñen que pagar é excesivo para as súas economías.

É este un servizo que se foi conseguindo ao longo do tempo, en tempos mellores económicamente considerados, e que agora se ve perigar polos recortes indiscriminados que as administracións efectúan sen darse conta de estar actuando co material máis sensible.

Xa na actualidade existen diferencias, que mentras hai comedores de servizo público, que contan con subvención ou axuda para aos pais que a precisan, outros hai, mesmo en colexios públicos, nos que os comedores son de responsabilidade privada, e son os pais a través da organización das Apas os que corren cos custos directos da comida dos nenos.

Plantéanse agora recortes, indiscrimindos ou non, que virán poñer en maiores dificultades aos que teñen nenos en idade escolar e teñen difícil recortar onde nada hai superfluo.

Comer nos colexios vai ser máis problemático, e algúns pais de familia van ter máis difícil chegar a fin de mes porque os nenos teñen que seguir comendo, a saber en que condicións.

As Administracións son cada vez máis insensibles. Non parece darse conta de que están falando de nenos e de colexios, de nenos e de comida. Pero eles parece que sólo ven números onde hai nenos, e os números poden casar pero os nenos queren seguir vivindo, e todos nós temos que procurar que así sexa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania