Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fe é sempre unha experiencia de conflicto

viernes, 17 de junio de 2005
Abonda con lembrar a vida/morte do Señor. Ante a dor e o sofrimento humanos, Xesús chama aos apóstolos a compartir a súa misión de anunciar a Boa Nova, curar doenzas e botar demos que reinan no mundo e tentan afogar a fe/esperanza. Cando se vive a fe con sinxeleza e coherencia aparecen as loitas, a cruz e a morte. Sempre o medo por diante. Por iso nos prevén, dá ánimos e garante a nosa seguridade. Estamos en boas mans.

"¡Non teñades medo!", insiste Xesús. Sempre que cuestionamos algun feito e nos facemos preguntas, chega a crise que obriga a optar. Iso é bo, necesario. A crise sempre desinstala egoísmos, comodidades/apatías. Son positivas. Axudan a medrar. O feito da manifestación de onte, (coas súas incoherencias, falsidades, manipulacións e verdades a medias) vai aportar algo positivo. Que bispos (15/20) asistan e se poñan detrás dunha pancarta, está a falarnos dunha incipiente pluralidade na Igrexa e define/aclara actitudes. Sabemos quen somos e co que contamos no laicado, no clero, na outa xeraquía. (Difícil avaliar resultados, agora, ao faltar claridade na finalidade e razóns deste insólito evento)

Xeremías ("o profeta dos laios") séntese doído e perseguido. Quéixase a Deus, pero confía plenamente. Os apóstolos, acobardados ( "ovellas no medio de lobos") tentan de seguir a Xesús. Nosoutros, decepcionados e/ou desorientados, ("ovellas sen pastor, con medos e confusións") imos dando bandazos. Precisamos confiar no Señor e desbotar da nosa vida as manipulacións que queren afogar a esperanza e o noso futuro... ¡A vida!

No medio dunha sociedade egoísta e organizada para o beneficio dunha minoría á costa da maioría, o intento de equilibrar e de crear xustiza e amor fraterno, provoca forte oposición nos grupos de poder. Xesús, co exemplo da súa vida dá alento aos que loitan e teñen a Deus como Guía/Pastor. Os conflictos non fan ben a ninguén e debemos tentar evitalos, pero son sinais de que o mal segue entre nós. Pola súa presencia non se pode afirmar que a sociedade marxina aos cristiáns/católicos. Moitas veces, somos nosoutros os que favorecemos a marxinación por mor das nosas actitudes, intransixencias e mesmo contradiccións. A nosa resposta, con frecuencia, estamos a reducila a estériles laios e crispacións. Cómpre dar razóns da nosa fe nas obras e actitudes da vida diaria.

En serio, ¿existe persecución á Igrexa en España?. Que se critica fortemente, certo: ¿con ou sen razón?. ¿Pola súa fidelidade ao Señor ou por outras razóns?. Gostaríame que os manifestantes de onte (incluídos os bispos) se manifestasen tamén o próximo domingo (día 26) no "Día internacional contra a TORTURA no Mundo" e "Campaña POBREZA CERO, (¡contra a POBREZA, presiona!"). Oito millóns de pobres na rica España e 500 nenos/as que morren de fame, cada hora, no mundo, deben ser razóns convincentes.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES