Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Semana Santa

jueves, 28 de marzo de 2013
A primeira motivación pode ser a relixiosa, e a Semana Santa para os crentes que á vez son practicantes é unha das épocas máis especiais do ano, na que todo cristaliza e remata para empezar de novo. Pero este mundo no que vivimos e nos envolve transformou a Semana Santa, derivou a Semana Santa cara o turismo, lúdico e á vez económico, co que moitas miradas están atentas ao tempo e os acontecementos que van a condicionar a rendibilidade deste tempo de lecer.

En Galicia serán preto de dous millóns de desprazamentos, os hoteis teñen as tarifas máis baratas de España, e sen embargo non todos poderán abrir as portas porque en principio as perspectivas son un tanto pesimistas pola crise, dunha banda pola situación real, e doutra pola situación sicolóxica que agudiza a anterior.

O Pasado venres comezou a tempada de Semana Santa, vacacións, viaxe, lecer para todos os que poden permitirse unha mínima expansión. Aos que consigan viaxar, desexámoslles o maior dos disfrutes. Aos que económicamente dependan desta dinámica, que teñan unha boa Semana. E para todos, en definitiva, un bo tempo que permita a cada quen o exercizo en liberdade da actividade desexada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES