Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

San Simón, unha rede que medra

jueves, 28 de marzo de 2013
A aposta polo roteiro gastroturistico de tapas, a base do queixo de San Simón, motivanos para celebrar o futuro prometedor da produción de leite vacún, cando somos capaces de transformalo e ofertalo rente de nós, o que sempre supón fixación de poboación na contorna, non só polo emprego directo de máis persoal, senón porque a creación de empresas para elaborar e comercializar o que os afana, valora o seu traballo cotián.

As e os gandeiros teñen que aumentar o valor engadido, transformando o leite, preto da explotación, racionalizando a loxística que encarece todo, e dando vida a iniciativas coma Leitigal de Castro, que dende 1998, está a colocar no mercado unhas oito variedades de queixos curados e semicurados, coma o San Simón, cremas...

Acae esta innovación na comarca, pois alenta @s que urxen a industrialización do sector, con empresas coma Innolact, especializada en queixos de untar, moi solicitados na gastronomía, ofertando máis de 30 tipos, entre eles o sabor San Simón. A marca Quescrem, a primeira galega de queixo crema, vende o 30% da facturación fóra. Esta empresa de Castro encarrilouse no que deita futuro: innovación tecnolóxica e exportación. É de loar que dende a cabeceira de comarca se esté a estimular a nosa primeira riqueza coma unha rede que xera emprego.

A exportación de queixo e os seus preparados está a remediar o menor consumo interno pola crise e o alto custo de pensos e cereais na alimentación do gado. Estan a vencer o abandono das terras e a falla dunha esructura transformadora dos productos, para converter a Chaira na potencia agrogandeira do país. As celebracións do Queixo de San Simón adéstrannos nunha práctica positiva: consumir os productos da zona, que é un beneficio para todos, aforrando no transporte que encarece a alimentación, prexudicando @s labregos porque a distribución carga sobre eles este plus.

A dinámica que estamos a suliñar acerta porque cómpre salvar o precipicio do minifundismo e a comercialización moi afastada del, o que só crea simas que funden a agrogandeiría, coma os prezos desorbitados da distribución. A Feira do Queixo reflicte como está a xerarse riqueza e fornecernos de saúde, non só persoal, coma alimento de calidade, tamén a económica, necesaria para dar vida á Chaira.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES