Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dúas sopranos

miércoles, 27 de marzo de 2013
Un cría que xa tiña cuberto o cota das sorpresas, pero hai unhas horas remato de comprobar que non: que aínda queda marxe para asombrarse. E a miña última sorpresa aconteceu no teatro Jofre onde dúas sopranos de Ferrol ofrecían un concerto auspiciado pola Sociedade Filharmónica. Acudín cheo de curiosidade por escoitar a dúas cantantes das que, confeso, non tiña referencia.

Cunha posta en escena austera, como non podía ser doutra maneira, unha serie de fermosas partituras comezaron a inundar a sala do teatro que se atopaba ateigada dun público ávido, coma min, de participar dunha velada musical que rematou sendo máxica. Tanto Gloria Amil coma Patricia Rodríguez repasaron un variado repertorio que foi dende Haendel ata Fernández Caballero, pasando por Mozart, Puccini, Donizetti, Delibes, Massenet, Stravinsky e Bizet. Logo dos dous primeiros temas, as cantantes foron temperando a voz que cada vez soaba mais diáfana ata bordar case a perfección. O dúo “sull` aria” de Mozart resultou sublime de entoación e dunha grande expresividade o mesmo que o “Dúo de las Flores” de L. Delibes. Coido que a elección do repertorio foi un grande acerto pola súa variedade e porque encaixou perfectamente coas características vocais das cantantes.

Claro que os que seguen de preto o mundo do “bel canto” seguro que se sorprenderon menos ca min, posto que xa coñecían as traxectorias artísticas destas dúas sopranos que non son unhas recen chegadas, pois levan algúns anos deixando a súa pegada por diversos escenarios de España e chamando á porta dese privilexiado club onde so entran uns poucos elixidos.

A voz quizais sexa o instrumento máis difícil de dominar. Controlalo require unha gran dedicación e unha técnica exquisita e por suposto unhas facultades que non son comúns. Eu tiven sempre debilidade por estes artistas porque sei o difícil que é subirse a un escenario e dar ao público o que levas dentro so co recurso da túa voz. É moi necesario manter a complicidade precisa para que todo funcione e haxa sintonía. Gloria Amil e Patricia Rodríguez o conseguiron e público e cantantes chegaron a ser cómplices coa música coma fío condutor. O evento case raiou a perfección.

Para min sobraban os atrís nos duetos. Unhas artistas con este percorrido non necesitaban ler o guión. Pero tampouco ten tanta importancia.

O pianista, Manuel Burgueras, sempre permaneceu en segundo plano, coma é preceptivo, pero exercendo ás mil marabillas co seu cometido. Amosou un perfecto ensamblaxe coas cantantes elevando o nivel do concerto, un concerto que soubo a pouco porque o público estaba entregado e aplaudía con fervor dende o principio ata o fin.

As sopranos agradeceron aos seus paisanos a cálida acollida con dous bises. O que puxo fin ao concerto foi “Negra Sombra” con texto de Rosalía de Castro e música de Xoán Montes, coma todos vostedes saben. Patricia Rodríguez cantouna con sensibilidade e sentimento poñendo a guinda a un pastel que todos saboreamos.

Ferrol ten que estar orgulloso por ser o berce destas artistas cuxa actuación do venres tería que ser unha lección maxistral para todos os estudantes do Conservatorio e para todos aqueles que, dun xeito ou de outro estean preto deste marabilloso xeito de expresión que é a música. Parabéns á Sociedade Filharmónica polo acerto, e a seguir por este camiño.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES