Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pregón de Saros

martes, 26 de marzo de 2013
O pasado sábado comezaron na basílica de San Martiño os actos que a entusiasta Confraría do Desencravo programa para a Semana Santa, co pregón a cargo de César Andrade, fillo do lugar, popular e querido, a quen todos chamamos Saros. Acaban de cumplirse 50 anos que o lugareño deixou o recuncho natal para abrirse paso na vida, que pasou por unha etapa de destacado fútbolista, alineando no C.D. Foz, en 3ª División, a media Saros-Leitón, seu grande amigo.

Foi a morte deste, o sentimento que fixo agromar a súa vea poética, dedicándolle un doorido poema, que remata así: “…e foi tan grande a pena miña/ que a naide o pésame lle din/ pois pensei, cheo de morriña/ ¿quén me da o pésame a min?”, co que inicia o libro “Un garabelo de contos”, publicado en 1987.

A pesar da longa ausencia nunca esqueceo o berce, os lugares, as súas xentes, nen os latexos vitais que encheron de contido os seus primeiros vintecinco anos; e o sábado pasado, pregoeiro, tivo a oportunidade de revivir os tempos da nenez que en boa medida marcan a vida das persoas e quedan gravados con trazos indelebles no mais fondo do ser; feito universal que fixo decir ó poeta Rainer M. Rilke: “ a nenez é a verdadeira e única patria do home”.

Dende o altar maior da igrexa, mais que milenaria, da que é entusiasta e fiel admirador, vivíu a emocionada xornada no entorno do que para nós é a quintaesencia dunha Pascua que, allea a boatos e multitudes, encerra os mais outos valores intrínsicos da sua significación: o auténtico, a xenerosidade, a solidaridade, a convivencia…; virtudes que reflicte a Semana Santa de San Martiño co modélico proceder da pequena comunidade que aúna vontades e esforzos que permiten acadar os fins comúns; todo un exemplo.

Tras o pregón, moi aplaudido, a esperada actuación da Coral de Foz que, unha vez mais. inundou o espacio coas súas magníficas voces, hábilmente adestradas pola directora Carmen Alonso, nesta ocasión sublimadas polo armonio da xove María Galdón, tamén filla do lugar, e rematou coa clásica galega, tan propia para o momento, “Negra Sombra”. Os nosos parabéns.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES