Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pandilla de malvados

jueves, 16 de junio de 2005
Parece ser que, disgustada co protocolo, a Ministra Espinosa chamou "Pandilla de malvados" á organización da Feira de Silleda, con motivo da súa visita no "Día do Agricultor".

Silleda é unha puxante poboación do centro de Galicia, máis ou menos perto do corazón xeográfico, que hai moitos anos inventou unha Feira agrícola, e con traballo, esforzo e convicción, conseguiu que a súa Feira sexa recoñecida como a feira agrícola de Galicia, cunhas infraestructuras multimillonarias que garanten que os ollos de todo o País se fixen en Silleda en determinados momentos do ano e, de xeito especial, con motivo da Feira adicada ó campo.

Desde o comezo, ó frente da iniciativa feiral está José Maril que seguro ten feito equilibrios intensos e continuados para dialogar con todo tipo de poderes, e que esta semana tivo boa ocasión tamén de exercer de político.

Celosa a ministra Espinosa das atencións que a organización e os expositores tiñan con Fraga -a fin de contas, galego presidente do goberno dos galegos- provocou que a comitiva oficial se escindise en dúas (a do PP e a do Psoe), que acabaron entrando por separado nos actos da celebracion do "Día do agricultor".

Se houbese cursos de formación para detentadores de altos cargos, a primeira lección sen dúbida sería a de aguantar con boa cara e mellor xesto os avatares de cada día, transformar en victorias ou alomenos empates as pequenas derrotas que se xeneran ó largo de cada xornada, e subsanar problemas de protocolo cun sorriso.

Que José Maril sabe o que quere para Silleda, seguro; que está sempre á que salta para conseguir que a súa Feira e o seu pobo avance contra marea e vento, garantido está; pero que el e o seu equipo sexan unha "pandilla de malvados" ninguén o dixo ata este momento. E a Ministra Espinosa ben faría en rectificar a súa postura, e pedir disculpas por unha saída de tono que, á altura do seu cargo, é moito máis ca unha inconveniencia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania