Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hipotecas con sólo

lunes, 25 de marzo de 2013
Neste país os bancos (e as Caixas) impuxeron a súa lei e artellaron un distema de explotación económica que segue plenamente vixente aínda que hai indicios de que a situación pode mellorar para os particulares afectados, damnificados sempre.

As entidades fomentaron o endebedamento acelerado dos seus clientes animando a aumentar o importe das hipotecas e alargar a súa vixencia, contribuíndo de xeito decisivo a dinamizar un mercado que non puido resistir máis tempo e rematou por estoupar.

Andan agora as institucións europeas intentando que se mellore a situación das hipotecas, e unha sentencia da sala primeira do Supremo ven de declarar nulas determinadas cláusulas chamadas “sólo” por falta de transparencia de cara aos consumidores. Cláusulas que por moito que baixen os intereses vixentes impiden que calquera mellora repercuta nos importes a aboar.

Nin é para todos os créditos nin terá efectos retroactivos para que os afectados recobren o pagado de máis, pero é un síntoma de que a situación pode cambiar e parece que está cambiando.

Estamos a falar de miles de millóns de euros –fálase de entre 3.500 e 7.000 anuais- cobrados polas entidades financeiras de máis por aplicar cláusulas das que moi poucos afectados tiñan a menor idea.

Do sólo abaixo parece non haber a onde ir. Se desaparece o sólo, moitos poderán camiñar mellor neste difícil mundo económico (e bancario).
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania