A Sanidade Pública
Cardalda, Theo - jueves, 21 de marzo de 2013
Desde o Preguntoiro
A privatización da sanidade converten aos pacientes en cifras dun balance económico: incompetencia e cobiza co único afán de obter beneficio, recortando as prestacións aumentaran os marxinados a miseria e a convivencia social. Neste país o goberno que temos intenta implantar un modelo privado que será a ruína da nosa sanidade pública, como sempre quedarán as ganancias e cando teñan espremido a galiña de ovos de ouro, socializaran as perdas. Exemplo o temos en Gran Bretaña que fai unha década privatizárona coas consecuencias tenebrosas: desmantelaron todo ata onde puideron e co resultado de preto de 25.000 mortos.
Sr. Presidente, ¿díganos que son os que se benefician da sanidade pública?. ¿Quen vai facer ese grande negocio ás costas dos cidadáns?. Coido que xamais o vai dicir, nin no Parlamento nin aos medios de información. Porén, despois de remexer nos miolos saquei unha conclusión que paréceme que non vou trabucado: os que se benefician son eses poderosos que o manteñen no poder, os seus patrocinadores, os da súa clase social, os do seu ambiente económico e os seus amiguetes . Eles saben que este é un bo negocio para uns anos, lembren o ladrillo e o cemento, onde todo quedou feito un desastre económico e os grandes fóronse de rositas e disto saben moito os paraísos fiscais. Isto non é unha cuestión ideolóxica, como algúns de nós pensamos do PP. Isto lles importa un pemento, xa que os galopíns dese partido o seu norte obxectivo é forrarse caia que caia.
En Castela a Mancha a terra da Cospedal, (trabucáronlle o nome de Castiga y Manga) hai abandono total de anciáns e enfermos crónicos, os dan de alta sen curar e os mandan ao coidado dos familiares, e a señora das peinetas mandou pechar unha morea de ambulatorios.
Falando claro, negociar e facer diñeiro coa saúde dos cidadáns, só o pode facer unha mafiae cando ese negocio da saúde o leva unha mafia só pode ter un nome: CAPIO ou CAPO.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora