Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Autoestradas

jueves, 21 de marzo de 2013
para algunhas forzas políticas, aquela primeira autoestrada galega foi “unha navallada á nosa terra”, e a oposición planteada fixo historia, aínda que co tempo todos fomos asimilando que coas súas dificultades e problemática, a existencia dunha vía rápida de pago entre Ferrol e Vigo, e logo límite con Portugal, era esencial para o desenvolvemento do occidente de Galicia.

A única dificultade que se mantivo no tempo foron os custos de utilización desta vía, fortemente onerosos para os que debían utilizala por necesidade e máis dunha vez ao día.

E así nos fomos afacendo os galegos a utilizar esta autoestrada, a pesar dos custos, pola velocidade que permitía desenvolver e as facilidades de conexión entre Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo. E, posteriormente, co trazado doutras vías, co resto de Galicia.

Mentras a crise non se planteou con toda a súa acritude, o uso desta vía de pago non xenerou máis problemas que os duns determinados tramos, especialmente o correspondente ao paso de Rande, que orixinou trato de favor para os habitantes da zona que debían soportar custos importante sen ter unha vía complementario ou disuasoria que permitise unha viaxe similar.

Pero chega o momento en que a crise non só incide na compra dos vehículos senón nas atención que estes reciben, nas restriccións ao consumo dos vehículos, e naturalmente na utilización das vías de pago, que caen estrepitosamente cifrándose no tramo desta primeira autovía de pago de Galicia na rebaixa dun millón de viaxes ao ano no 2012, e paulatina caída no que vai de ano.

Fálase de aumentar o límite de velocidade e dalgún tipo de contrapartidas para os usuarios desta e outras vías, pero o que non cambiará é a tendencia á rebaixa, aos recortes, que desde o Goberno ata nós veñen marcados de serie.

O dito tantas veces: cando se trata de recortar e rebaixar, todos sabemos como. E todos temos a obriga de aplicarnos a ese labor. Todos nós, estámolo facendo. Pero alguén debe ocuparse doutras medidas, que estas, sen aparentes límites, xa sabemos como poden acabar: na pura consunción.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES