Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os políticos son como nenos

jueves, 21 de marzo de 2013
Son os nenos a representación máxica dos anxos que con tirabuzóns loiros aséntanse como “amorciños” nos altares barrocos das nosas igrexas, mais tamén os nenos son a representación da credulidade e da mestura da fantasía e da realidade, chegando a crer contos e lendas inverosímeis coas que soñan e espertan ao longo da noite.

Hoxe, pódese dicir que os verdadeiros nenos xa non se atopan nas escolas senón que andan pescudando polo Congreso e polo Senado con soldos e prebendas de contos de fadas e tratando de enganar aos maiores, aos seus pais, que somos nós, os que os votamos, con contos de carrapuchiña vermella e os tres cochiños que ningún dos seus pais -enténdanse votantes- cre, pero seguímolos aguantando ata as próximas eleccións ás que non iremos case que ninguén, ou votaremos ao revés do que pensan porque ese mundo de fantasía non existe na realidade, mais si nas súas cabeciñas de tirabuzóns “florindos e de florianos en diferidos” que están pola graza dos anxos e das Alicias nas comunidades autónomas das marabillas con oito mil millóns de débedas ao soar a campaíña escondida do seu batuxar morno para que ninguén o saiba.

Estes anxos, digo, xa non se dedican ao goberno, senón a xogar; pénsese que para estes pequenos a vida concíbese soamente coma un xogo consistente nas crenzas máis babecas, babiolas, estúpidas, necias e ignorantes, e de aí ao infinito pois os recursos ou razóns que xustifican son as dos nenos cando din “e ti máis”. Nós, -os seus pais- cando eramos pequenos tamén as empregabamos e se nos chamaban “burros” contestabamos con esta filosófica sentenza “pois anda que ti” que en todos os manuais se coñece co nome de falacia.

Sigan xogando, politiquiños, ao xogo do “e ti máis”, “pois anda que ti”, que nós andamos tamén ao noso, pero vémosvos como xogades e con quen xogades nos patios do Senado e do Congreso, así que logo iremos por vós e traerémosvos para a casa -que é onde debedes estar- no transporte escolar e non nos audis mercados “ad hoc”.

O seu sempre afectísimo. XOSÉ OTERO CANTO
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania