Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comer nos colexios

miércoles, 20 de marzo de 2013
Os nenos comen nos colexios por moi diversas e poderosas razóns. Unha delas, pode ser precisamente para que se acostumen a facelo cos seus compañeiros de colexio, para habituarse a unha dieta equilibrada, para comer de todo, para habituarse a unha disciplina necesaria en moitos casos só aplicable de forma colectiva no centro educativo onde os rnenos adeprenden a ser maiores ademais de recibir toda a información que os seus cerebros precisan para esa paulatina asunción de roles e responsabilidades.

Tamén poden comer nos comedores porque dese xeito os seus pais poden afrontar as responsabilidades dun posto de traballo, que lles impediría dalgún xeito a atención aos nenos en horas problemáticas do mediodia.

É este un servizo que se foi conseguindo ao longo do tempo, en tempos mellores económicamente considerados, e que agora se ve perigar polos recortes indiscriminados que as administracións efectúan sen darse conta de estar actuando co material máis sensible.

Xa na actualidade existen diferencias, que mentras hai comedores de servizo público, que contan con subvención ou axuda outros hai, mesmo en colexios públicos, que son de responsabilidade privada, e son os pais a través das Apas os que corren cos custos directos da comida dos nenos.

Plantéanse agora recortes, indiscrimindos ou non, que virán poñer en maiores dificultades aos que teñen nenos en idade escolar e teñen difícil recortar onde nada hai superfluo.

Comer nos colexios vai ser máis problemático, a algúns pais de familia van ter máis difícil chegar a fin de mes porque os nenos teñen que seguir comendo, a saber en que condicións. As Administracións son cada vez máis insensibles. Non parece darse conta de que están falando de nenos e de colexios, de nenos e de comida. Pero eles parece que sólo ven números onde hai nenos, e os números poden casar pero os nenos queren seguir vivindo, e todos nós temos que procurar que así sexa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES