Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Só dous días

miércoles, 15 de junio de 2005
Grazas a Deus, ¡só dous días!.

As campañas electorais están ben de portas adentro dos partidos: Para mentalizar ós propios militantes, reforzar a cohesión e conseguir unidade diante dos adversarios políticos.

As campañas electorais, polo demáis, son como un tratamento de choque para a cidadanía en relación cunha cita electoral diante da que cada un de nós ten formada xa unha idea, ou adquirido un compromiso, e decidido o voto.

Eso de que hai un trinta por cento de indecisos diante dos comicios do próximo domingo non é máis ca un conto. O que hai é un trinta por cento de galegos que non queren pronunciarse e non din a quen votarán, decisión por outra parte moi loable porque esto pertence á esfera máis privada da persoa, e máis nesta terra onde aínda seguimos a ser pudorosos co que se fai e co que se cre.

É de supor que segue a ser válido o sistema distributivo de hai uns anos, no que -especialmente no medio rural- para cumprir cos compromisos familiares, uns membros da familia votan a un determinado partido poitico, outros a un segundo, e algúns máis a un teceiro no caso de que os influíntes na parroquia representasen ás tres forzas políticas maioritarias en Galicia.

Afortunadamente quedan só dous días. Dous días de páxinas de prensa, que son as menos invasivas, de arrebatadas filípicas nas televisións e nas radios, de tamborradas ou charangas nas rúas... todo contribúe a que desexemos que chegue o domingo para desvelar o noso futuro, e teñamos un pouco de tranquilidade mentras os políticos coñecen xa o seu papel para os próximos catro anos.

Hanse facer un pouco longos estes dous días que faltan. ¡Que pasen rápido, e os galegos recuperemos a paz!. ¡Que pasen rápido, e os galegos políticos se poñan a traballar!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES