Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Así te vin

martes, 19 de marzo de 2013
As te vin O alumnado da Uned Senior de Xestoso coordina a aprendizaxe na aula coas visitas guiadas a diferentes lugares. Nesta ocasión trasladámonos a Cádiz e Sevilla.

Unha guía moi ilustrada, moi amable e moi simpática ó mesmo tempo, foi debullando datos moi interesantes sobre xeografía, demografía, historia, tradicións, arte, literatura, industria, turismo, e outras características das poboacións visitadas: Jerez de La Frontera, Cádiz, Rota, Puerto de Santa Maria, Chipiona e Sevillla.

Empezamos a xira por JEREZ DE LA FRONTERA famosa polas súa bodegas e os cabalos, coñecidos por todos.
Un coñecedor da historia da CATEDRAL mostrounos os diferentes estilos arquitectónicos cós que foi construída con prata, ouro, madeira, mármore de Carrara, pedra do país e outros. Tamén nos ensinou o teosouro que alí se custodia.

Pasamos logo por GADIR, unha antiga cidade modelada por diferentes ciivilizacións: a fenicia, a cartaxinesa, a árabe...
CÁDIZ capital, conta con tan só 12 Km cadrados de extensión pero nela habitan 128.000 persoas sen contar as avalanchas de turistas que podem chegar a unha cidade tan cosmopolita.
Naquel recuncho de España tivo lugar a PRIMEIRA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA proclamada o día de San Xosé do ano 1812, motivo polo que se coñece como “A PEPA”.
Deu fillos moi ilustres como José Maria Pemán e Manuel de Falla.

Tamén vistamos a capital de Andalucía: SEVILLA, coa súa esbelta XIRALDA adosada á súa inmensa CATEDRAL GÓTICA considerada a máis grande do seu estilo en España, os REALES ALCÁZARES, escenario de importantes acontecementos , o ARQUIVO DE INDIAS onde existe constancia das grandes riquezas traídas de países lonxanos, o PARQUE de MARÍA LUISA DE BORBÓN, onde tivo lugar a primeira Expo no ano 1929. O PAZO DE SAN TELMO onde ten a súa residencia o Presidente de turno da Comunidade Andaluza, a TORRE DO OURO construída no seu día con fins defensivos porque por aquel lugar entraban as mercadorías procedentes do descubrimento do Novo Mundo.
Tiveron moito que ver con Sevilla: Fernado III, Afonso X “O Sábio”, Murillo, Velázquez, Zurbarán, Machado...e un longo etc.

Fomos, tamén ata o PUERTO DE SANTA MARÍA, poboación bañada polo Guadalete e deitada fronte ó mar con 22 km de prais.
Conta con Praza de Touros que a partir de agora para a ser monumento, Mosteiro de Victoria famosa por albergar o antigo Penal de Santa Maria que hoxe en día debe rehabilitarse para outros usos.

Quixeron tamén mostrarnos CHIPIONA porque nos caía de paso e máis porque alí hai unha torre da que presumen os andaluces porque disque ten medio metro máis de alto que a Torre de Hércules. (Os andaluces a veces esaxeran que dá gusto)
Pero ó Alumnado da Uned Senior o que máis lle impresionou foi o rabioso que alí estaba o Atlántico, e con moita razón.
Cuspía cara a terra auga revolta con area e outros sedimentos para protestar polo terreo que lle roubaron para facer un paseo marítimo.
¿Que pasará o día que se lle acabe a paciencia?

Tamén nos fixamos noutras moitas cousas á marxe das explicadas pola guía.
Vexamos:
O ríos Guadalquivir e Guadalete –entre outros- levan prestado moitos servizos a toda a súa conca: vida para as persoas, vida para os animais e vida para as plantacións nos latifundios.
Cada día traen novas augas puras e cristalinas desde o seu nacemento; pero –paradoxas da vida- van recollendo todos os residuos das poboacións por onde pasa.
As persoas máis pobres son as que teñen as súas casiñas pola beira do río, e cando veñen as enchentes: saen na televisión varrendo todo ese “chocolate cheirento”
O alumnado da Uned Senior de Xestoso pregúntase:
¿Será posible recuperar os ríos como fonte de vida?

E aquelas grandes extensións de térreo dedicado a cultivo: os latifúndios. ¡Dá xenio velas! Todas tan traballadipñas... Pero... ¡Que lástima!
Enterámonos que alí só uns cantos teñen as propiedades, e a maioría da poboación anda ó xornal.
Sabendo que os prezos en orixe dos productos agrícolas son irrisorios, resulta doado saber como será o salario do xornaleiro e tamén a súa calidade de vida.

En Cádiz e máis en Sevilla había moito ambiente, xente ben tratada, ben vestida, con cara de saúde, turistas...

Pero nós tiñamos a residencia nun pobo medianamente poboado que moi ben podería representar calquera pobo medio andaluz.
Alí foi onde poidemos observar outros detalles:
-Ausencia de industria, agás o turismo, a hostelería, os cabalos, centrais solares…
(E se non, poste a armar pasos para a Semana Santa ou casetas para a “Feria”, que festas en Andalucía nunca faltan)

-Moitas tendas pequenas con productos relativamente baratos de calidade media tirando a baixa e poucos clientes a mediados de mes…
(Economía frouxa)

-Escasas librerías e as que hai son tipo quiosco.
( Pouca oportunidade para falar cos sabios)

-Tanta xente xove paseando sen un rumbo fixo un día de semana en horario laboral....
(Están sen traballo).

-Tantos nenos pola rúa en horario de face-los deberes escolares…
( Eso non vén ó caso)

Así te vinSen ter moitos coñecementos de psicoloxía, observando un pouquiño nos rostros daquelas xentes puidemos ver:
-Un señorito presumido de idade media alta, co seu sombreiro de copa, a súa garabata ben relucinte, ben traxeado e ben planchado, co seu bigote ben acicalado e camiñando con estilo propio...
(Só eu piso forte aquí...)

-Algunhas casas-pazo con portalón con grandes cravos, parede azulexada e patio interior repleto de flores, figuras e fonte…
(Son artista ou o amo do pobo)

-Moitas nais con cara demacrada, ollos afundidos e expresión pensativa...
(A vida familar ten moitas carencias)

-Homes secos, ceño fruncido, roupa pouco coidada, mans nos petos, andar lixeiro e enfurecido....
(Homes frustrados porque non son capaces de sacar a famila adiante)

-Unha conversa entre varias mozas de pé nunha beirarrúa na que unha delas dicía en tono desesperado:
¿Qué haré? ¿Lloraré? ¿Buscaré trabajo? ¿Me amargaré?
Eu ía de paso e non tiven valor para escoitar máis…pero seguro que daría para moito cavilar aquela conversa.
(Rapaza que non ve futuro)

A penas había persoas anciás pola rúa á hora do paseo.
¿Onde estaban?
¿Estarían todas asistindo ás clases da Uned Senior?
¡Oxalá!
Pero moito me temo que non. Pobriñas…téñenas ailladas do mundo.

En fin…Os da Uned Senior de Xestoso fomos ver as dúas Andalucías que camiñan xuntas no tempo, pero como van por camiños diferentes, non se collen da man.
Esas dúas Andalucías vense moi ben reflexadas nas abundantes palmeiras que dirixen as avenidas:
Ámbalas duas Andalucías, naceron na mesma terra e teñen os pés ben agarrados a ela. Aínda que os acanee o vento, eles levan sangue andaluz e cantan por soleares...

Os pobres están representados nas ramas murchas que miran cara ó chan. Algúns xa perderon a esperanza, están representados nas ramas secas que se agarran ó talo que é o único que lles queda por debaixo delas.

Outros miran arredor e elevan os brazos intentando saír adiante, están representados nas ramas inferiores que aínda conservan a vida e a esperanza a pesar de que lles pesa moito o xugo e están decaídas.

Uns poucos están cheos de vigor mirando cara arriba porque eles xa tocan o ceo e, como están tan ben; non se lembarn de ninguén.
E, por suposto, non se lle ocorre mirar para o resto dos mortais. Eles sempre coa cabeza ben alta. Representados nas ramas tenras e cheas de vida que absorven a savia que circula pólo interior do tronco e chupan practicamente todo o zume da terra andaluza.
¡CO ENRIQUECDOR QUE É DÁ-LA MAN A QUEN TE NECESITA E AGARRARTE Á DE QUEN CHA TENDE!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES