Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inspectores de Hacienda

lunes, 18 de marzo de 2013
Son dos funcionarios máis cualificados do país, e coñecen todas as interioridades de empresas e administracións, sendo quen de conseguir que calquera persoa ou entidade sometida á súa investigación quede perfectamente retratada aos efectos oportunos.

Son, así mesmo, dos funcionarios mellor pagados da Administración, precisamente para evitarlles malos pensamentos ou tentacións, de maneira que alomenos en teoría esa altura á que funcionan e eses ingresos que a súa actividade lles proporciona é un excelente mecanismo para evitar tentacións que podían dar ao traste co sistema.

En repetidas ocasións, estes altos funcionarios, dos de maior prestixio na Administración, teñen pedido mans libres para poder investigar e traballar no saneamento das contas públicas e na consecución de maiores ingresos para as arcas do estado. Pero ata o de agora quedáronse coas gañas e seguen sometidos a un réxime de control por parte das autoridades do Ministerio, que marcan as liñas de actuación e o ritmo de traballo.

Agora que o Ministerio recauda cada vez menos polo ritmo de funcionamento do país e o decaimento xeral da economía, sería cousa de deixar que os inspectores fixesen con libertade o seu traballo, a ver que pasaba, a ver que “nichos” de cotización atopaban, que de paso que nos levábamos unhas cantas sorpresas seguro que o balance xeral dos ingresos públicos ían mellorar sustancialmente.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania