Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Libertade vixiada

martes, 14 de junio de 2005
Para moitos, o traballo dos medios de comunicación é incómodo porque é libre. E existe sempre a tentación de limitar ese exercicio para limitar tamén as incomodidades.

Hai outros factores como as exclusividades económicas en temas de casposidade famosa ou dos dereitos de transmisións televisivas, pero eso é caso aparte. O que agora se leva, e falemos de eleccións, é limitar as posibilidades de acción dos medios para evitar problemas.

Os grandes partidos -neste caso falamos de tres: PP, Psoe e Bloque- deron en transmitir os seus propios mítines por medio de equipos televisivos e enlace via satélite para, a continuación, prohibir o acceso das cámaras ós seus mitins co pretexto de que son demasiadas, e de que así facilítanlles o traballo.

Efectivamente, é moi cómodo para un medio audiovisual, chegar a unha celebración -neste caso, un mítin- e enchufar os seus artiluxios electrónicos para recibir o sinal xa "traballado".

Así recíbense só as imaxes que os partidos queren, mesturadas de maneira ortodoxa, evitando imaxes que puidesen resultar comprometidas para os grandes líderes.

Avanzando por este camiño, o próximo paso podería ser o de prohibir o acceso dos informadores a estas concentracións políticas e subministrar un resume de prensa co máis destacado do que alí se dixo, de xeito que os medios aforrarán desplazarse da redacción xa que alí recibirían o que se supón é o resultado do acto.

Deste xeito, concúlcase a liberdade do medio para que os seus operadores de cámara recollan as imaxes máis expresivas, diferentes, orixinais... Uniformízase a mensaxe gráfica que se obtén co pretexto de que así sae mellor técnicamente e non se estorba ó desenvolvemento do acto.

Pretextos. É un paso hacia o control da información que pode darse. E, polo que se ve, é un paso planificado e consciente, xa que todos o fan con idéntico fin.

Desde aquí ó control hai un paso dificil de dar, pero que se intentará. Polo de pronto, a liberdade de informar nos mítines, en canto ás imaxes, xa é unha liberdade vixiada. Que xa non é liberdade aínda que queiran disfrazalo de comodidade. Pero ninguén dixo que informar ben fose cómodo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES