Insaciable Europa
Editorial - viernes, 15 de marzo de 2013
Non hai moito tempo, Europa empezaba nos Pirineos, e nós eramos punto e aparte. Tal como van as cousas, volveremos a considerar que ou ben hai dúas Europas, ou unha delas actúa como dictadora de outra Europa sumisa, que obedece, someténdose aos dictados económico-políticos do norte rico e poderoso.
Recente aínda a dor causada polo aumento do Ive, sen recuperarse o comercio da agresión que ese incremento supuxo, tenta Europa que se suba de novo, tendo o goberno español que pronunciarse negativamente alomenos polo que se refiere ao presente ano. E volve Europa a teimar cos carburantes, cargados con impostos ata o indecible, que non soportarían un novo incremento estando aínda sen recuperarse do golpe sufrido.
E para seguir presionando ahí está o tema das pensións, co que se espera racionalizar o tema da economía a costa dos modestos pensionistas que foron facendo, cuota a cuota, o pequeno edificio das súas futuras pensións que agora se verán retocadas.
Europa, visto está, é insaciable. A costa de todos nós. Sabíamos que nos costaría estar máis ca entrar- en Europa. Agora é cando o comprobamos con total seguridade.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora