Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Marica e Tareixa

miércoles, 13 de marzo de 2013
Son as irmáns Campo Domínguez, que viron a luz primeira no Val do Mao (Incio), e desenvolveron o seu traballo por Galicia enteira, chegando á ben difícil posición de que só con mencionar os nomes propios identificamos a dúas loitadoras da cultura, con Galicia por bandeira, e como quería Manuel María, “coa ledicia por bandeira”.

O concello de Lugo ven de conceder o premio “Entre mulleres”, co gallo do Día da Muller Traballadora, e as dúas irmáns conseguiron conxuntamente este galardón, no que se premia o labor de dúas creadoras como símbolo das mulleres traballadoras que neste noso foron, serán e son.

Marica, no eido da poesía, da narración, da autoría teatral, ten acadado numerosos premios literarios, publicado libros a ducias, e letras súas son cantadas aos catro ventos por Mini e Mero. Tareixa, como actriz e directora teatral, impulsou diversos grupos teatrais sendo o Grupo Achádego, cun cuarto de século de existencia, o seu fillo teatral máis relevante.

Que sexan irmáns, a efectos do premio, é unha afortunada coincidencia. Que sexan creadoras, loitadoras, pola Cultura e por Galicia, un ben para o país que está moi ben que se lles recoñeza. A nosa admiración, e os nosos parabens!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania