Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Selvicultura e outras supervivencias

viernes, 10 de junio de 2005
Ós Profs. Drs. J. Miguel Montoya e Marisa Mesón García, coma homenaxe a súa nova Selvicultura (1)

Este traballo está feito pensando en lectores que teñan unha certa información ecolóxica e forestal.

RESUME
Por aquelo da fotosínteses e do trofismo, e certo e non metáfora que nós somos fillos do sol. Pero, ademais, os bosques e tódolos ecosistemas en xeral -tódalas unidades de vida (relativamente) autónoma e nalgunha medida estables e estabilizadoras – son ademais o marco e o máis garante cordón umbilical posíbel desta inaudita relación. Á larga, nun mundo amplamente inestable e antropizado, a súa existencia é necesaria para sobrevivir. Pero tal cousa non pode facerse só conservando individuos vexetais fatalmente falibles senón, tal coma fai a propia natureza, “conservando” a renovación das súas proles; é dicir, perpetuando, non conservando, a vida. Tal como semella probado, o abstencionismo (conservacionismo) pode en principio, por exemplo, ata inducir serialmente dende a nada un bosque climácico, pero derradeiramente, a inexistencia de “propágulos” capaces de renovar un medio xa paradoxicamente incompatíbel consigo mesmo, provocará unha decrepitude só atenuada pola diáspora. Ó revés que Margalef, coido que esto non debe desconcertar ós teóricos, pois é difícil atopar un feito que sexa ó mesmo tempo tan docilmente lóxico, tan nidiamente observable e tan autorizadamente productivista. Se non se me escandaliza ninguén, diría pois que a clave do bosque consiste en “destruílo” antes de que el mesmo se poña fora de combate. Ou, dito máis branda e exactamente, en rexuvenecelo para que poda repetirnos indefinidamente a súa rexeneración. Este é o gran producto forestal e tal é a Selvicultura -claro que se non hai moito roído-.

Pero hai outras clímax e incluso outras situacións intermedias relativamente estables-practicamente o resto do mundo silvestre-. Xunto coa súa producción e sen necesidade de recuperalas enteiramente para a clímax, tamén a estabilidade destas situacións pode ser forestalmente reforzada e contribuír así productivamente á supervivencia (fruticeticultura, pascicultur, etc.). A filosofía das parcas tecnias que se ocupan desto ten que ser pois tan perduracionista coma a selvicultura; é dicir, estar deseñada para fora -para as pouco “productivas” pero ó mesmo tempo transcendentais aforas da habitación urbana e agrícola do home-. Ten que ser fore-estal en suma, pois tal é o fondo significado funcional dunha disciplina na que o corporativismo e a “competencia” se enfrontan inexplicablemente. A súas polivalente unicidade, transcendencia e incluso simultaneidade ben merecerían tentar un nome que, coma o de Ecocultura, estivera máis de acordo cos seus salvadores obxecto e natureza.

O CONCEPTO DE SELVICULTURA
A Selvicultura non é dende logo a cultura de Tarzán dos monos. Pero, inda que a selva romance conserve timidamente nas nosas linguas o significado latino máis xeral de bosque, e que, con permiso dos intelectuais, cultura reteña tamén teimosamente o de práctica, no mellor dos casos inda se corre o risco de confundir a selvicultura co cultivo (agrícola) da selva (virxe).
Aclararemos pois que as selvas de que falamos aquí son os bosques en xeral e que os cultivos forestais son en realidade tratamentos masivos, non cultivos individuais de árbores coma na arboricultura, na populicultura etc. I elo non só por actuar sobre masas senón sobre todo por facelo imitando os seus mecanismos conxuntos, sinérxicos e perduracionistas de interrelación. En selvicultura pois a unidade de actuación non é o árbore senón a masa, as tecnias non son tecnolóxicas senón mimeticamente ecosistémicas (indirectas, coma equivocada pero agudamente se lles chamaba antes) e as ferramentas son sempre, coma veremos, os seus propios productos. Inda que os barruntos dunha selvicultura perduracionista con máis de 3000 anos de antigüidade perdéronse na idade media xunto con tódolo demais, no século XVIII foron vantaxosamente recuperados por Bekman, Henner, Hartig, Cotta, Pressler e outros. De feito coido que, despois de tanto tempo e de tanto berro, a Selvicultura é unha das poucas tecnias ecosistémicas actualmente en marcha.
Un exemplo non sei se demasiado simple de todo esto puidera ser o paralelismo agrícola-forestal seguinte: O agricultor merca a semente ( = na fase preparatoria dunha corta, o selvicultor extrae do monte uns poucos árbores para estimular a producción de semente noutros máis prometedores cos que compiten), o labrador sementa ( = na fase diseminatoria, o selvicultor corta algúns pes máis para que, aportando luz ó chan, a diseminación xermine mellor), o agricultor rega, escarda, bina, abona, estercala, colleita ( = nas fases liberatorias e finais, o selvicultor prosigue cortando os árbores gradual, selectiva, medida e exhaustivamente para estimular prudentemente coa posta en luz unha reposición total a cargo da prole subxacente, ó tempo que se beneficia da totalidade dos pes senectos). Tería senso –inda que quizais non tanto éxito- tentar un deseño (ordenación) espacio-temporal deste tipo que, sobre varias superficies contiguas puidera soster, rotando sincrónica e contrapostamente, unha situación cuantitativa globalmente invariábel. Tamén é doado pensar que os productos así utilizados puideran, por este sistema e non por ningún outro, autofinanciar con creces a operación do rexenerado. Velaquí un dos moitos exemplos suxeridores dunha selvicultura rexeneradora, perpetuadora da prole –non conservacionista dos individuos- e, polo tanto, biolóxica i economicamente sostible. Un rigoroso conservacionismo dos árbores -un conservacionismo verdadeiro- non só sería unha chafallada ecoloxista senón un error ecolóxico (2) (só en frigoríficos pódense conservar defuntos, i eso se o canibalismo tivera algún porvir).
Esaxerando un pouco poderíamos dicir que agricultura e silvicultura son pois unha especie de réplica agraria as nosas dúas alternativas políticas básicas: o liberalismo (agronomismo), que atende ós individuo un a un, e o socialismo (silviculturalismo) que atende ó home, si, pero a través do feito social. Sendo agrariamente necesarias ámbalas cousas, esta dualidade non deixa de ser unha significativa lección de pragmatismo político para as nosas señorías.
A necesidade non só cultural senón tamén cultural destas aclaracións podería ilustrarse cunha anécdota chocante. Invitado eu no 1995 a colaborar xunto con outros moitos nun libro sobre os bosques que ía a prologar a mesmísima reina dona Sofía, mandei o seguinte texto: “El bosque es algo así como una unidade de vida (relativamente) autónoma; una especie de cordón umbilical entre nosotros y el sol./ Más allá de sus nobles productos estabilizadores, esta máquina solar perpetúa pues la vida- “y no a sus individuos” -./ En las actuales condiciones de relativo desconocimiento, la destrucción del bosque sería algo más que perder el autobús; sería perder el último autobús.” Na publicación de marras cambióuseme axiña o meu torpe párrafo entrecomiñado por outro que dicía “y especialmente a sus individuos”. Sin consultar nin a Deus nin o diaño - e cunha economía de medios absolutamente imbatebel- fíxoseme dicir así tódolo contrario do que quería: que o bosque perpetuaba ós árbores e que, ademais, facíao inda mellor que a propia rexeneración natural –desdeñosa corrección esta que soportei con máis alarma que humillación pero que agora permíteme en cambio unha independencia crítica tan grande polo menos coma a do meu censor-. Por ter consecuencias prácticas, direi tamén que este diletantismo ecoloxista resultou logo ser aínda máis amplo e crónico: aparece de novo propagado pola testuda palabra conservacionismo, incluso no caso de forestais que, esquecendo o perpetuacionismo da prole que basicamente lles incumbe, consentiron en institucionalizar o termo nunha Dirección Xeral. Non son estas preciosidades literarias as máis inocuas entre as agresións que pode sufrir ó medio-ambente. Xunto coa mediocridade técnica, elas e tódolos demais berros que soportamos están asfixiando un espacio político xa raquítico de seu e aturdindo con mero roído unhas xa minguadas iniciativas.
Tampouco estou seguro de que o perpetuacionismo forestal xenuíno coincida co concepto sostible, neoloxismo economicista americán 1970 que indica un comportamento empresarial que “compatibiliza” o crecemento económico coa protección do medio ambiente.

ALGUNHAS “ESCAVACIÓNS” TERMINOLÓXICAS
A selvicultura se práctica nos chamados montes arborados, pero ¿qué é realmente un monte? Tódolos termos forestais que imos comentar significan cousas distintas segundo quen as empregue pero, dado que case todos eles teñen un orixe claro ou unha recente etimoloxía convida, resulta insoportable calquera desaprehensiva terxiversación dos neoloxismos). A cousa é especialmente lastimosa cando se embarullan os conceptos científicos (o coñecemento causal) cos técnicos (coa acción derivada) -tal sucede obviamente cando se dí que a dasocracia é unha parte da dasonomía, ou cando se fala dunha selvicultura sen silvoloxía, ou cando se reduce á dasocracia a unha mera ordeación dos tratamentos etc.-.
Inicialmente -coma o seu ancestro mons-montis- a palabra monte tiña que ter unha significación meramente orográfica. Pero, ó marxe delo e das súas coñecidas posibilidades sinfitosociolóxicas, as ladeiras, sometidas non máis que a routines (prácticas) antropozoicas ou meramente antrópicas, e ó enriquecemento cara abaixo do clima e do contido nutritivo e acuanoso do solo, soen inducir outras características secuencias vexetais e animais tamén interdependentes e, cada vez, progresivamente máis simplificadas, inestables e productivas –ademais de albergar unha serie de episodios máis intensamente intra- e a-zonais, por definición excluibles-. Debido ós litosolos e ó mal clima, por exemplo, máis arriba das súas zonas medias / altas soen deixarse desenrolar formacións enarbóreas e / ou boscosas eminentemente estabilizadoras; máis abaixo, as ladeiras arbóreas ou simplemente leñosas soen aparecer máis ou menos ocoadas e alteradas polas routines gandeiras ou simplemente antrópicas; inda máis abaixo, mantéñense formacións dabondo máis pastorais, xa só herbáceas ou substitutivas; e por fin, basalmente, en condicións moi inestables, e xa fora do monte, pero estimulados e protexidos por el de erosións e derrubios, aparecen só prados e / ou cultivos propiamente agrícolas, comparativamente moi productivos e tecnolóxicamente rendables; é dicir, a habitación do Home sedentarista, a súa actual berce social. Dada a frecuencia e singularidade do caso, en España, dende 1140 polo menos, vénselle aplicando a este contido o mesmo calificativo de monte que ó seu continente “monte” , -trátase, coidamos, dunha identificación perspicaz e honrosa, ademais de única-. E, xa nestas condicións, é tamén normal a imparable xeralización do termo a calquera outro gradiente fitolóxico non orográficamente montuoso pero si equivalente. Pese ó seu contido florístico, o concepto ten pois unha condición fisionómica relativamente simple que implica ademais carácteres funcionais e ata dasonómicos igualmente diagnósticos e sinxelos; é dicir, describibles.
Coma o seu vello significado popular, esta acepción disiparía certas perplexidades ante a versatilidade pastoral, boscosa, arbustiva e, en xeral, amplamente silvestre e ata erma do termo; pero non explicaría en cambio unha serie de privatizacións cultas que, pasando pola azonalidade dos soutos e choupeiras (Cavanilles), poden ir dende a exclusión de tódolo non leñoso (Martínez del Espinar) ata a máis acertada inclusión de tódolo non agrícola (a mans de De la Torre Rojas).
As implicacións máis obvias do concepto son:
-O seu contido é relativamente silvestre, asilvestrado ou asilvestrable (repoboacións), floristicamente complexo (ata no caso do bosque), frugal e loxicamente autorexenerablele, i está habitado por plantas e animais silvestres (montería) e / ou domésticos (coma sorprendentemente postulaban os gregos co seu bosco, boskein = pastar).
-Pola súa posición topográfica e a súa comparativamente desvantaxosa natureza, a súa condición é frecuentemente extensa, parca e lenta, anque variada en produccións, así coma culturalmente marxinada -situada fora = foras latino = fueras dos cultivos e da habitación sedentarista do Home (Castela, S.X), esta debe de ser a razón pola que forestal e monte refírense espectacularmente a unha mesma cousa (en Cuba, inda existe o importante vestixio romance monte = aforas dos poboados)-
-A súas sinerxias e polo tanto, interdependencia masiva, social máis ben, culminada polo efecto difusor dos animais e do Home, posibilitan a aplicación de tecnias de interrelación pioneiramente ecosistémicas e aforrativas: a utilización do producto gandeiro ou arbóreo coma ferramenta, por exemplo.
-As súas clímax -naturais ou non (?)- teñen unha condición xa moi xenuinamente estable por variabilidade ou holocenotismo -polo menos na medida en que é recoñecible-, protectora, conservadora e, sober de todo, perpetuadora da vida-. Todo elo a causa das súas relativas condicións ecosistémicas, enerxeticamente autónomas.
Nembargantes, o gradiente montuoso descrito pode ser reproducido tamén por outro tipo de gradientes climáticos, edáficos, antrópicos etc., e mesmo por solos que non dependen xa da orografía e que son os responsables da absoluta xeralización do termo.
Recreada fai uns dous séculos e medio por agrónomos tales coma Moser, Hartig, Duhamel e outros, poderíamos dicir ca actual "forestalia" ou disciplina do monte foi unha especie de heterodoxia agronómico-productivista empeñada na rexeneración sen cultivo (unha especie de precoz agricultura sen arado). I elo non só pola súa vocación conservadora -moito máis antiga que ela mesma- senón polo máis sofisticado e prioritario empeño perduracionista de alterar o menos posíbel as composicións e produccións periódicas.
Imos adiantar pois para monte, moi pouco máis alá de De la Torre Rojas, a xeneralización excluinte de medio agrario agrícolamente inculto–é dicir, un concepto absolutamente xeneralizado de vida silvestre que non chega os campos de aviación, nin as graveras, poño por caso-.
O carácter ata certo punto silvestre, frugal, social, rítmico e perpetuador do monte, así coma as súas paradoxicamente simultáneas grandes aptitudes ambientais, medioambientais e parcas produccións, foron aprendidas mimeticamente, unha a unha, por todas as nosas disciplinas. Pronto a ciencia dasonómica ocupouse de estudiar a correspondencia interactiva, causal, ou simplemente programada, dos seus elementos (ecosistémica?); logo, a técnica dasocrática ( = goberno do monte non só para o monte senón coas leis do monte = ¿ecocultura?), induciu imitativamente, case que reverenciosamente, tecnias ou causalidades dasonómicas masivas capaces de desencadear efectos desexados (tratamentos) . As ordenacións silvícolas, pastorais e ecoculturais en xeral culminaron a dasocracia organizando regularmente o pulso espacio-temporal dos tratamentos e a súa intención productiva –único marco biolóxico i económico que, coma tódolos pulsos é capaz de xerar perdurabilidade-. A dasocracia do bosque recibiu os nomes máis específicos de silvicultura e ordenación (ordenación da silvicultura e non de ningunha outra cousa) pero, a causa do seu absorbente empirismo, a dasonomía do bosque, non (¿non debería haberse chamado silvoloxía?). Resulta interesante comprender que a Silvicultura non só é o único método imaxinable de producción arbórea perdurable senón o feito de que o seu funcionamento poda ser garante de que inda facemos pe nas inestables augas da rexeneración e a supervivencia. Quizá debamos tamén a elo o exclusivista adxectivo selvi-cola = silvicultural de intención ecolóxica que, antes do seu uso común, compartía xa a partícula eco = habitación coa ecoloxía: trátase dunha verdadeira declaración de principios dun avisadísimo concepto fundacional. Inda que sería imaxinábel unha silvicultura explotadora (“mineira”, segundo Montoya) as prácticas silvícolas en cambio nono son. Unha derradeira precisión podería cerrar, un pouco perogrullescamente, todo este trasfego. Igual que mesa non é case nada mentres non digamos se é de comedor, de traballo, de pimpón, de matar cerdos ou de ritual, quizais o concepto de “monte” tampouco poda ser concretado mentres nono completemos coa súa aptitude pro tratamento forestal.
O monte arborado, o bosque, a parte máis estable, regulada, reguladora e autonómica do monte, é pois o escenario da silvicultura.
Irrenunciables merodeos agronómicos e técnicos varios tales coma a arboricultura e a populicultura (Pavari), as repoboacións (cando son capaces de reintegrarse ó medio), determinadas formas de cultivo, conservación e mellora, etc., e ata a electrotecnia, o dereito e a socioloxía forman parte dende logo do noso imprescindible bagaxe. Pero, confundir todas estas cousas coa nosa máis xenuína identidade, podería resultar perigosamente abandonista para os montes e corporativamente pírrico.

APROXIMACIÓN O IDEARIO FORESTAL DE MONTOYA (1)
Dentro deste ou similar contexto comentaremos aquí soamente algunha das ideas silvícolas máis ou menos singulares ou enfatizadoras que Montoya ven defendendo claramente dende antigo. Tal é o caso da unicidade dos moi variados recursos forestais do monte (a súa igualdade estructural, funcional e, as veces, a súa coparticipación); a amplitude do termo forestal (non soamente boscoso); a necesaria aptitude técnico-forestal dos montes para ser tales (o valor diagnóstico da súa potencialidade técnica), as obrigadas concomitancias rítmicas i espaciais da súa ordenación (a necesariedade dunha xeometría e un pulso sincrónicos cos outros latidos básicos del Mundo, incluso estacionais, tanto biolóxicos coma sociolóxicos ou económicos); a especial dependencia ambiental do monte (a súa frugalidade, parquedade, ata variabilidade e inestabilidade pero tamén a súa existencia); a necesidade de internalizar externalizacións tales coma a protección, inxustamente impagadas ós seus propietarios -espoliadas segundo Montoya- e ata institucionalmente inadvertidas pola súa lonxanía e difusión (inespacialidade, actúan coma a protección moi lonxe de onde se xeran), desfase (intemporalidade, a miúdo moito despois de cando o fan) e inmaterialidade (proteccións, estabilizacións, conservacións e perpetuacións); ambigüidade entre capital e renda forestal (biolóxico e confuso efecto contable que impide as veces distinguir ben se se está extraendo a renda ou o capital); o valor residual dos nosos productos, inxusto e paralizante fronte a valores engadidos, incluso parasitarios (parquedade productiva e ata antieconómica nalgúns casos); a aforrativa utilización da propia colleita coma base da conservación e mellora (utilización do producto coma ferramenta, por exemplo); a considerábel superioridade da producción múltiple sober da producción suma (a causa do carácter tamén sinérxico do manexo).
Non menos interesantes son as súas movedizas e imbricadas enfatizacións da variabilidade espacio-temporal das nosas produccións e previsións (a dificultade do onde e do cando que as veces os mostreos estatísticos semellan ignorar) e das incertidumes técnicas pero tamén puramente azarosas a que frecuentemente deben facer fronte as nosas decisións (non é forestal quen non toma decisións, dí Montoya; é dicir, quen non actúa utilizando a información da “outra porta” –coma para os políticos, para os forestais case sempre é mellor moverse que estar quedos).
Quizais sexa útil pro lector radicalizar xa aquí, inda que só sexa asintóticamente, un importante principio simplificador que Montoya propón para decidir a intrincada, as veces, opción do manexo intencionado da silvicultura: Soamente hai en rigor un producto forestal: a “conservación” -tódolo demais son subproductos-. A intemporalidade, inespacialidade e pragmatismo das intervencións son as pautas fixas e tamén a súa vez simplificadoras inherentes a semellante principio. Pero gustaríanos comentar xa aquí que o xeneralizado termo conservación -utilizado tamén por Montoya- semella demasiado estático e pouco revelador para a ocasión. Non referíndose obviamente só ós elementos naturais do medio, que son caducos- debería implicar tamén claramente á prole; cousa que terminoloxicamente xa non pode facer. Pero é que, ademais, este conservacionismo, ó referirse a estas unidades de vida practicamente autónomas que son os ecosistemas, estase referindo tamén a idea xa incuestionablemente prioritaria da estabilización e da restauración do proceso vital xeral da Terra -xa non soamente ó proceso forestal interno nin ós seus proteccionismos concretos-; estase referindo a perpetuación dos procesos; é dicir, á perpetuación. La palabra perpetuación pois semella aquí a máis funcional e suxírente pero, sobre todo, a máis adecuada para someterse logo as régoas da álxebra terminolóxica –tan estricta coma útil e xeralmente inadvertida-.
Outra idea que Montoya comparte con outros silvicultores e difunde con particular énfases, é a de que, en ocasións, o abstencionismo a ultranza conduce ó avellentamento, paralización e degradación do monte. Así, xustificadas xa tamén bioloxicamente e non só financeiramente as intervencións, o anterior principio semella gañar en consistencia.
O dramático deterioro e, por agora, o descoñecemento funcional profundo destes medios non só xustifica tamén senón que multiplican a perentoriedade e a importancia dunha aseveración que xa hai que ler inevitablemente así: Só hai en rigor un verdadeiro producto forestal, a perpetuación da vida sober da terra; tódolo demais son subproductos.
Especial interese teñen as reflexións de Montoya sober da natureza ecosistémica das intervencións forestais, a sorprendente antigüidade da súa concepción social, interactiva, e o feito de que a nosas ecocultura (silvicultura, fruticeticultura, pascicultura etc.) sexan inda a estas alturas unha das poucas técnicas ecosistémicas en marcha. Inda que tarde, esta verdade sorprendentemente esquecida dende a época dos beneficios indirectos, pode inda librar ó monte dos remedios do curandeirismo ecoloxista; sempre, claro está, que, coma os monos de Kipling, nona esquezamos por terceira vez ou que, coma xa sucedeu co relascopio, non nolo inventen mal de novo.
A esto e a súa proxección paisaxística, cinexética, recreativa etc. apuntan algunhas das chamadas por Montoya novas silviculturas, se ben a nós, coma xa dixemos, non nolo parecen tanto. Pero algo desto hai: alguén moi crítico, no século dezanove, deu en chamarnos capataces matemáticos e, coma tamén recoñecía un inesquecible día don Luis Ceballos ó amor da lume en Santiago de la Espada, …empeñámonos en chamarnos enxeñeiros e…. Algo de abandonismo houbo en efecto.
Especialmente interesante e aleccionadora é a teoría que, dende os tempos de iniciación da seca ven desenrolando Montoya sober da morte forestal. Independentemente dos coñecidos efectos que, a falta de xubilacións anticipadas, a nosa demografía estudia e resolve a costa de anciáns, nenos e enfermos, o autor logra organizar en torno o tema unha rede conceptual de interese diagnóstico e práctico. A cuestión xira en torno á identificación de tódolos verdadeiros e reincidentes asasinos da organización e non dos seus simples sicarios. A utilidade preventiva e sanitaria de tal identificación é, como se verá, evidente.
Probablemente sexa a interrelación bosco/cambio climático un dos temas máis coidadosamente tratados por Miguel ó longo da súa vida. A súa predicción pormenorizada dunha silvicultura orientada cara o establecemento de turnos de máxima retención de CO2, de sumidoiros boscosos máximos, do coñecido efecto mundial de salvagarda e supervivencia -sempre anteposto incluso ó temor de que o cambio obture todo antes- non pode ser máis interesante, nin selvicolamente máis inusual i esperanzadora. Unha vez máis se plantexa así Montoya a cuestión da nosa absoluta prioridade perpetuadora.
Outro dos grandes desasosegos de Montoya foi sempre a desenvoltura dos ecoloxistas. En relación cóela, hai tempo que circulaba por aí a regra de tres ecólogo é a ecoloxista coma sociólogo é a socialista (¿Margalef?). Pese a semellar unha leria, a cousa tiña aínda moita máis gracia. Semellaba querer distinguir primeiro entre o talante causal do científico e o visceral do político, entre coñecemento e opinión, motivación e decisión. Podería conter ademais a aceptable doutrina de que, as veces, o coñecemento se atrasa, de que algo hai que facer, do por si acaso y de que, por todo esto, o ecoloxismo tiña finalmente unha condición política xenuína -nada desdeñable, en principio-. Pero a súa gracia foi outra. Na práctica, sin dúbida polo aburrimento a que conduce a desinformación, a regra semellaba terse descabalado na variante ecológo é a socialista coma sociólogo é a ecoloxista; efectivamente, de todo aquel barullo saíu a seguinte estraña basora electoralista: os nosos pinos, por exemplo, foron declarados inmigrantes (exóticos), indixentes (improductivos), dexenerados (intraseriais), chourizos (acidificadores), incendiarios y, para remate, ¡¡¡franquistas!!! -todo un cóctel de siñificacións flagrantes-. Sen excluír incisivas autocríticas corporativas, as respostas de Montoya a estas e outras censuras debían ser moito máis ambientalistas que elas mesmas pero, a causa da súa distancia cultural, o lector xa non recoñecería nil ningunha clase de antagonismo.
En relación con todos este tópicos, Montoya distinguíu sempre moi ben entre as aloctonías estranxeiro e exótico (termos estes xeográficos e ambiental respectivamente, non forzosamente simultáneos nin igualmente inconvenientes, as veces nin sequera inconvenientes en absoluto); entre os ambiguos termos estábel, potencial e climácico (dubidoso “paraíso terreal” este último segundo o autor e de coia formulación máis simplista os ecoloxistas se veñen beneficiando abusivamente); e, por último, entre causalidade e simple correspondencia (distinción esta que separa causas e programacións e que, dado o seu interese científico, ben merecería unha coidada reconsideración e inventariación de Montoya): no caso dos incendios, frecuentemente as correspondencias non son ó menos directamente causais. Coma cumpridamente amostran as toponimias, as tormentas atacan zoas de incendio, non hipotéticos “para-fogos” resinosos alí colocados. O erro diagnóstico se debe a que, efectivamente, atacan repoboacións pero repoboacións/reposicións de anteriores incendios.
No caso dos tópicos seriais e climácicos, quizais conviría aclarar que, en principio, a serie non semella ser cuestión opinable. Máis ben, forma parte do que poderíamos chamar coñecementos radicais, mayeutizabeles. Se nos alcanza que, polo menos, trátase dunha especie de reptación: os sucesivos fitoclimas e demais circunstancias distintas que calquera etapa xenera respecto da anterior, son coma motores aptos para acoller e desenrolar novas e distintas colonizacións que a su vez xeneraran no futuro renovadas e distintas circunstancias. E así sucesivamente. Todo elo sober da base dos propágulos dispoñibles e ata que as posibilidades cualitativas de renovación se esgoten; a partir daquí, o novo medio, dinamicamente non apto para a súa propia renovación podería empezar a morrer. As nocións seriais dinámicas (asasinas) e potenciais (posibles, non so climácicas) son pois así cribles pero non as da súa unicidade -que depende dos propágulos-, nin as do seu éxito – asociado incluso episodicamente a unha sorte polo xeral frustrada por enfermidades, accidentes etc.-. Moito menos aun no caso da clímax, que, contra o que se soe crer, é aínda máis volátil coma concepto que coma feito: non pode ser unha, nin rigorosamente estable, nin incuestionablemente óptima, nin sempre desexable. Por outra parte, a natureza, abandonada ó seu albor, non soe conservar cousas senón procesos que son os que xustamente habería que imitar
Todo esto ven a conto das reflexións que, dende fai anos, Montoya dedica ós delicados sentimentos dos abstencionistas:
Como para outros moitos autores, para Montoya as masas arbóreas virxes estarían, xa sen posíbel porto de arribada, permanente e incontroladamenete explotadas e degradadas pola desdita natural. Sober desta base, el insiste en que, como xa sabemos, as nosas cortas non son outra cousa que a simulación anticipada, controlada e financiada de explotacións que, eludindo o desorde, garantirazarán así un largo prazo. A enfatización deste punto por Montoya é bastante drástica: …”a nosa desnaturalizada sociedade (debe saber que) a morte (a corta) é a clave do ecosistema” .
Sin entrar no detalle do seu pensamento selvícola madeireiro, en parte herdado, suxerimos ó lector -incluso coma exercicio- que sume ás conviccións básicas do autor ás vantaxes e desvantaxes da regularidade ou irregularidade (relativa coetaneidade ou non dos individuos dunha masa), por exemplo. Só así poderá lograr os elementos de xuízo necesarios para, no seu caso, decidir unha verdadeira opción persoal.
Montoya explica tamén que a irrupción da ordenación na selvicultura prodúcese cando, ós desexos de perdurabilidade nos procesos de corta e rexeneración -normalmente lograda pola selvicultura no tramo-, engádense os desexos da invariabilidade global, anque alternante -situación esta garantida pola mera rotación espacio-temporal substitutiva dos tramos de igual destino nos cuarteis-. Coma nun reloxo, prodúcese aquí pois o engrenaxe de varias rodas de temporalidade distinta pero sincrónica; cósmicas, telúricas e biolóxicas acaso pero sempre motivadas e arrastradas pola acción motora do tempo e da economía humana máis doméstica.
I é aquí, e con motivo da escasa docilidade da natureza, onde inda se pode producir a famosa apostasía dos capataces matemáticos: a ordenación non é selvicultura obviamente senón ordenación da selvicultura, polo que , con poucas ideas e moitos números, un pódese afastar dela tanto como queira.

MAIS ALÁ DA SELVICULTURA
A vexetación natural ten unha especie “leis da gravitación universal” que, se non se toman demasiado en serio, inda renderían algúns beneficios. Estas coñecidas leis, que -como as de Newton- coido que son menos empíricas e máis mayeutizables do que se pensa, poderían enunciarse así:
I. Nun certo momento, os individuos vexetais de determinados medios non só viven caracteristicamente xuntos senón en certo modo asociados. Esto garantiza a relativa xeneralidade espacio-temporal do feito. Ademais, algúns destes socios son tan privativos da asociación que, dalgún xeito, pódense tomar coma indicadores dela (“titulares”). Todo esto permite así unha máis sinóptica e doada identificación e tratamento das masas conceptuais que implica (Fitosocioloxía, de Braun-Blanquet sobre todo).
II. Nun intre dado tamén, as distintas asociacións dun medio van variando nembargantes ó longo do tempo e constituíndo así unha sucesión limitada de asociacións distintas chamadas etapas seriais (por exemplo unha sucesión de concretos líquenes, musgos, herbas, matogueiras, coníferas e frondosas -ata onde a serie sexa capaz de chegar-). As etapas seriais derradeiras posibles dun medio (calquera das enumeradas ou outras, segundo lugares) chámanse as climax dese medio. Cada etapa intraserial, anterior á ela, será fugazmente estable, polo menos na medida en que sexa recoñecible, pero non se pode falar dunha estabilidade razoable ata non chegar a etapa clímax (Teoría Serial, de Clements sobre todo). Máis alá da clímax a reposición de “propágulos” semella extinguirse. É aquí onde o cabo dalgún tempo de certa normalidade estable, os bosques polo visto xa non saben moi ben que facer. A selvicultura cobraría entón todo o seu senso.
III. A relativa regularidade e permanencia destes complicados feitos acredita un grado de interdependencia entre individuos, obxectos e circunstancias que non poden ser outra cousa que sistémicos ou, se se quere máis precisamente, ecosistémicos (2) Pero este tipo de formacións non son tan marxinais como espacialmente aparentan, senón que son tódalas posibilidades de natureza autónoma dispoñibles. Elas son pois a úneca i estreita porta espontaneamente persistente da enerxía solar. A perpetuación ou progresión protectora de todos elas é pois literalmente vital.
A selvicultura se ocupa de perpetuar os ecosistemas arborados, tanto se son climácicos coma se son etapas intraseriais. Nembargantes, os forestais se ocupan tamén de perpetuar a producción das demais formacións do monte, sexa cal sexa a etapa serial que representen. Tal cousa fan por exemplo coa fruticeticultura (tratamento dos matogueiras) e coa pascicultura (tratamento dos pastizais, non dos pastos agronómicos nin dos prados).Todas elas se apoian nunha estratexia de perduración –típica herdanza selvícola- e son forestais non só polo seu orixe senón, entre outras cousas, polo seu xeito masivo, pola prioridade rexenerativa / productiva da intervención e pola ferramenta / producto empregada. Hai outras tecnias, pero estas xa non están fora: xa non son forestais.
O certo é que, tanto pola singularidade, como pola diversidade dos conxuntos tratados como pola unidade da doutrina e das tecnias naturais neles empregadas, ben podería falarse aquí, dando un paso máis aló da selvicultura, da preexistencia dunha única e característica disciplina forestal que non podería chamarse doutro xeito que ecocultura (Allué 1970) . A utilidade deste termo, como a de calquera outro acertado, consistiría no enderezo lingüístico dunha identidade xeral que, sendo non só a súa grandeza senón a súa razón mesma de ser, os forestais NUNCA TIÑAN PORQUÉ HABER DESCOIDADO: A IDENTIDADE RESPONSABLE DAS UNIDADES DE VIDA AUTÓNOMA -DOS ECOSISTEMAS- OU, COMA REPETIDAMENTE VIMOS DICINDO, DESTE CORDÓN UMBILICAL QUE, COMA O MONTE, SE TENDE ENTRE A VIDA E O SOL. Coma semella pensar Montoya, este é o máis codiciable producto forestal posible: A perpetuación da vida sober da Terra.

____________________________________________________________________

1. JOSÉ MIGUEL MONTOYA OLIVER E MARISA MESÓN GARCÍA (2005): «Selvicultura» (dous tomos). Prólogo de J.L.Allué Andrade. Coedición da Fundación Conde del Valle de Salazar (Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes da Universidade Politécnica de Madrid) e de Ediciones Mundi-Prensa. Madrid.
2. Convén reconsiderar que eco-loxía equivale a ambiente-cencia -así que dificilmente pode haber preciosidades político-comerciais deste nome-. Tamén que ecosistema sería -se existise- algo así coma un conxunto natural en que tódolos elementos -individuos, obxectos e circunstancias- se influirían entre sí e nada máis que entre si. Pero a natureza –que non se ocupa demasiado das matemáticas e moito menos aínda das etimoloxías- introducíu na práctica graves obxeccións a este concepto; entre elas a do carácter aberto, máis ou menos sustitutivo, de elementos tales como a caza, o CO2, a temperatura etc.. Pero o mal xa estaba feito. Igual que algunhas curvas teñen asíntotas que apuntan xa con toda precisión ó seu imposibel punto final, igual aquí as non menos asintóticas e recoñecibles fisionomía, flora, integración de accións etc. de piñeirais, maroxais, queirogais, carballeiras, escornicais, faiais etc. apuntan xa certeiramente á derrota dunha dudosa teoría.
3. A Política forestal: Un día, amoestado polo seu ministro, o porteiro maior dun ministerio rosmaba no seu mellor castizo “¡no te jode el interino este?”. A miña opinión sobre política forestal é parecida.. Carente de Homes de Estado, a política está atiborrada de meritorios e cesantes –de puro pasado- mentres que os forestais, apremiados pola súa partida de nacemento e polo acoso dos que non a teñen, proiectan un presente a cen anos vista. Unha pura coña.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES