Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Clientes o día de mañá

lunes, 11 de marzo de 2013
Polémica en Bilbao porque unha cafetaría non deixa entrar aos cativos. E para rematar o asunto, vai o presidente dos hostaleiros e alega que moitos pais pensan que un establecemento deses é un parque de xogos. Non, non é un parque de xogos nin unha gardaría; pero deberían pensar que eses cativos van ser clientes o día de mañá.

Na Valenzá hai unha cafetaría que ata lle ten xoguetes para os nenos. Estes xogan e os clientes gozan vendo xogar aos nenos. E que eu saiba non son unha molestia para os demais.

Mal asunto se xa empezamos a discriminar á xente dende tan cativos. De todas formas, eu non me preocuparía moito; repito, eses cativos serán adultos o día de mañá e actuarán con esa cafetaría tal como actuou ela con eles.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania