
En solidariedade con máis da metade da poboación mundial, a Uned Senior de Xestoso celebrou o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-2013, centrándose na vida das mulleres que deixaron máis pegada en cada un dos seus membros: avoas, nais, mestras, esposas, amigas
.
Foi un acto sumamente participativo e sumamente emotivo: chegou ó corazón de tódolos presentes removendo no baúl dos recordos a mellor herdanza que deixaron moitas mulleres nas nosas vidas, provocando a aparición de máis dunha bágoa...
A celebración estivo presididda polo Coordinador da Uned Senior de Xestoso: Luis Ángel Rodríguez Patiño e os Profesores de Informática, Música e Historia de Galicia.
Durou preto de oito horas que estiveron repletas de diferentes actividades:

1.- Actuacións musicais variadas, a cargo do alumnado de Música da Uned Senior, sabiamente dirixidos polo Profesor da materia.
2.- Charla sobra a MULLER GALEGA a cargo do sabio Profesor de Historia de Galicia
3.- Aportacións escritas de varias alumnas sobre temas relacionados coa muller, especialmente a muller galega do médio rural, que souberon incidir no máis sensible da alma humana.
Cabe resaltar que este tipo de aportacións vense incrementado nos úlltimos tempos; o que indica maior implicación do alumnado na vida da Uned Senior de Xestoso.
4.- Recitación de poesías a cargo de outros.
5.- Cancións varias a cargo dos alumnos dotados de mellor voz e predisposición para o canto.
6.- Música en vivo a cargo do noso moi querido e moi sábio Profesor de Música.
7.- Baile por parellas e en equipo.
E tampouco podía faltar nun horario tan prolongado unha boa mesa con productos típicos da nosa terra sabiamente elaborados pola nosa cociñeira de sempre; unha longa conversa, intercambio de saúdos, apertas e outras manifestación de amistade.
Foi un día moi importante para engadir á nosa Historia da Uned Senior de Xestoso.