Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ver se chega a netos

viernes, 10 de junio de 2005
Estamos no máis duro da campaña electoral. Parece ser que son dezaseis as candidaturas que concorren ás eleccións en todas ou algunha das circunscricións de Galicia, pero na práctica só se escoitan, se ven e se fala das tres que figuran por todos lados, en tódalas enquisas, e teñen seguro acomodo no Pazo do Hóreo, nas proporcións que se establecerán o próximo dezanove de xuño.

Nos espacios gratuítos que os medios públicos ofrecen, aparecen aventureiros que responden ó nome de CDS ou Falange Española y de las Jons... Pero somente PP, Psoe e Bng -vox pópuli- e por esta mesma orde, serán os que accedan ó Parlamento para darlle vida política a Galicia os próximos catro anos.

Estamos no momento das promesas desmedidas, precisamente por parte destes tres primeiros grupos; promesas nas que ninguén fía, pero opinións hai de que os políticos deberan asinar as súas promesas e, no caso de ser elixidos, obrigarse a cumprilas.

Quintana tería de suscribir eso de que os quirófanos van abrir as 24 horas do día de xeito que as listas de espera sexan, como máximo, de 60 días, e quen tarde máis deses dous meses en ser operado pode ir á Xustiza reclamar.

Touriño promete un ordenador para cada familia, nun loable intento de modernizar dun plumazo a tódolos galegos, e non só ós habitantes das cidades. Que o asine.

E Fraga, 7.500 prazas para a terceira idade, precisamente neste país que envellece pouco a pouco porque nacen poucos nenos e porque somos cada vez máis resistentes. Démolo por asinado.

Son só tres perlas entre o sin fin de promesas que a estas alturas van caíndo como esa choiva que moitos anceian. Con elas, a nosa vida vai mellorar radicalmente. Galicia vai ser o país de Jauja, no que todos seremos felices.

A verdade é que xa agora non hai queixa, e hai que agardar que efectivamente siga a mellorar, goberne quen goberne.

Sobre eso as frases e refráns utilizadas polas nosas xentes durante séculos, son sempre lapidarias. Neste caso, a xeito de desexo para o futuro. Que sigamos mellorando no xeito de vivir, e que "así cheguemos a vellos". Hoxe, visto está, a categoría de vellos non se acada ata os cen anos.

Pero as nosas xentes tiñan unha expresión aínda mellor, á que nos apuntamos: "Que esta vida chegue a netos". Pois que chegue, que todos o vexamos, que logo xa pediremos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania