Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Academia

viernes, 08 de marzo de 2013
Precisamente neste ano no que se cumpre medio cento da creación do Día das Letras Galegas, a Real Academia Galega sofre unha fenda inagardada. Cento cincuenta anos hai que Rosalía de Castro publicou “Cantares Gallegos”, data fixada para a historia do noso pobo e da nosa cultura, e que tiña e ten que servir para acrisolar, dignificar un panorama vivo e fecundo dos creadores galegos en galego. Tamén neste eido hai crise, que visto está que deste ambiente alterado non se libra ningún área de actividade ou aspecto vital.

A Real Academia Galega, por definición, debe ser independente do poder político e dos partidos da política, que o seu labor é moito máis elevado, coidando de limpiar, fixar e dar esplendor a un idioma milenario que foi lingua culta de toda a península nun tempo no que o Reino de España era aínda unha ilusión que tardaría séculos en conseguirse.

E sen embargo o seu Presidente, o patriarca Ferrín denuncia oposición, loita descarnada, presións irresistibles, que o fan deixar o seu cargo antes do natural remate do seu goberno.

Falta por saber, que algún día se saberá, quen está contra Ferrín ou contra a súa executoria, que institucións inciden na Academia, ata que punto as restriccións económicas son só eso ou intento de que se camiñe por unha determinada vereda. Falta por saber moito, xa que só se coñece a intención do Presidente de abandoar o goberno dunha institución onde, segundo confesión propia, “lle fixeron sentir que non ten sitio”.

Pretender que os académicos non fagan constar a súa ideoloxía no traballo habitual ou esporádico posiblemente sexa pretender poñerlle portas ao campo. E pretender que unha institución coma esta sexa políticamente correcta en todo momento, con ser aspiración natural é de difícil consecución.

Sabemos que en todas partes, segundo o refrán, se cocen fabas. Pero as mellores son as de Lourenzá, de onde era Fernández del Riego. Seguro que cada quen ten o seu parecer sobre o tema, pero polo ben de todos é imprescindible que os académicos se poñan de acordo, arreglen dentro da casa as súas diferencias, e que o norte da Academia sexa somente o idioma galego, que para eso naceu. E é o único – amplìsimo labor- que todos agardamos dela.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania